O departamento de Cultura do Concello de Vedra propón o seu I concurso de tarxetas de nadal 2015.
BASES DO CONCURSO:
CONCURSANTES:
Poderán participar todos os nenos e nenas da comunidade educativa de Vedra e tamén todos os nenos e nenas empadroados neste concello nas idades comprendidas neste concurso.
*Cada concursante só poderá participar con unha tarxeta.
* Cada tarxeta deberá ter un único creador ou creadora.
CONDICIÓNS:
As tarxetas serán realizadas nunhas dimensións de 15 x 21 cm (Din A5 / medio folio) e coa única temática do nadal (entendida libremente por cada unha das persoas participantes) As mesmas deberán ser inéditas e reflectir unicamente a creatividade do autor ou autora.
No reverso deberán figurar os seguintes datos:
* nome, apelidos, idade, centro escolar e teléfono de contacto.
E ademais cuberta e asinada a seguinte autorización:
Don/Dna.________________________________________________________ con DNI _________________, como pai/nai ou titor/ra da persoa participante, autorizo a que participe no I Concurso de Tarxetas de Nadal 2015 segundo as bases do dito concurso co cal estou conforme.
Sinatura,
CATEGORÍAS E PREMIOS:
Categoría PREESCOLAR (persoas nadas despois do 2011)
Categoría INFANTÍL ESCOLAR (persoas nadas en 2010 – 2011)
Categoría 1º E 2º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2008-2009)
Categoría 3º E 4º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2007- 2006)
Categoría 5º E 6º DE PRIMARIA (persoas nadas en 2005 – 2004)
PREMIOS:
* Haberá un premio ao mellor traballo de cada categoría.
* De entre todos os traballos recibidos un xurado elixirá a tarxeta que se empregará como felicitación oficial do Concello de Vedra no Nadal de 2015.
*Todos os traballos recibidos serán expostos na Casa das Artes de Vedra “Chousa do Cotiño” durante a súa programación de Nadal.
PRAZO DE ENTREGA:
As tarxetas deberán presentarse no Departamento de Cultura do Concello de Vedra
ANTES DO 20 DE NOVEMBRO
*Os traballos poden presentarse ben en persoa en horario de luns a venres de 9.30 a 14 h, ou na seguinte dirección postal:
Concello de Vedra
Avda Mestre Manuel Gómez, 1
15885 Vedra
A Coruña
ACEPTACIÓN DAS BASES:
O concello de Vedra reservase o dereito de resolver, como considere oportuno, cantas cuestións poidan xurdir da aplicación das presentes bases. Así como as persoas participantes, polo feito de selo aceptan as presentes bases.
TODA A INFORMACIÓN E BASES Á TÚA DISPOSICIÓN:
No Departamento de Cultura do Concello de Vedra Tel: 981 814 691 /cultura@concellodevedra.com | www.concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario