Un ano máis ponse en marcha este programa co obxectivo de xerar un espazo
de encontro e formación para a mocidade do concello.
A proposta consiste en desenvolver diferentes
obradoiros e actividades entre os meses de xaneiro e xuño de 2015. A temática será
variada e terán unha duración de 2 h.
Estas actividades están dirixidas aos/ás
xóvenes de entre os 14 ata os 35 anos.
Neste programa
contaremos con obradoiros de:
-Cociñas
do mundo. Comida Japonesa
“Gustaríache aprender a facer sushi?”
-Cociñas do mundo. Comida Mexicana “Descubre como facer
unhas deliciosas fajitas”
-Obradoiro de
reutilización de roupa, técnicas para combinar “A vida na túa roupa”
-
Masterclass Fitness Dance
-
Explorando o meu futuro persoal. Orientación socio-laboral “Do meu talento ó emprego”
No
mes de xaneiro teremos:
Obradoiro de “Intercambios europeos,
que nos ofrece Europa?”
Día:
venres 16 de xaneiro
Hora:
20:00 h.
Lugar:
Centro Municipal de Formación (Casa da Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla)
Para máis información e inscricións: 981 814 691 – cultura@concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario