Durante os vindeiros meses desenvolveranse as actividades da programación das XX Xornadas arredor da Camelia, que coma sempre terán de protagonista esta planta que é xa o símbolo do concello.
No marco destas xornadas, contamos un ano mais co Concurso de Pintura Infantil da Camelia, que se organiza con fin de dar a coñecer e poñer en valor esta planta e as súas flores entre a poboación máis nova do concello e da comarca.
1º Poderán concorrer todos os nenos e todas as nenas da nosa autonomía de entre 3 e 12 anos. Haberá 3 categorías:
A: de 3 a 6 anos
B: de 7 a 9 anos
C: de 10 a 12 anos
2º Cada concursante poderá presentar unha única obra, con soporte en cartolina ríxida ou material similar e en tamaño A4.
3º O tema a tratar será “A Camelia”.
4º A técnica a empregar será libre, recomendándose as ceras, témperas, acuarelas, rotulacións, lapis de cores, etc.
5º Na parte de atrás do traballo figurarán o nome completo do autor ou autora, enderezo, número de teléfono, idade e centro escolar.
6º Os traballos terán que entregarse na Casa do Concello antes do 10 de febreiro de 2015, no seguinte enderezo:
Avda. Mestre Manuel Gómez, 1
15885 Vedra ( A Coruña)
7º O xurado estará formado por membros da Asociación Amigos da Camelia e persoas destacadas do mundo das artes. O fallo do xurado darase a coñecer na semana previa ás Xornadas arredor da camelia e publicarase na paxina web do concello www.concellodevedra.com e no blog vedraconecta.blogspot.com.
8º Haberá un 1º, 2º e 3º premio para cada categoría.
9º Todos os traballos presentados a concurso serán expostos en Santa Cruz de Ribadulla o día 22 de febreiro con motivo das Xornadas arredor da camelia.
10º A entrega de premios aos gañadores e gañadoras terá lugar en Santa Cruz de Ribadulla o día 22 de febreiro.
11º Todas as persoas participantes pola súa mera presentación aceptan integramente as bases deste concurso.
12º A organización reservase o dereito de modificar, eliminar ou agregar calquera punto a estas bases.
Información:
vedraconecta.blogspot.com
teléfono: 981814691
No hay comentarios:
Publicar un comentario