A Concellería de
Medioambiente impulsou un programa de voluntariado ambiental chamado “LUVAS
VERDES” que busca a concienciación e implicación da veciñanza no respeto e
coidado dos espazos públicos.
Os espazos públicos como os
parques, as contornas das igrexas, os campos da festa, as áreas de recreo, os
centros culturais e deportivos… son lugares de paso, de encontro entre persoas
e de relación entre veciños e veciñas. O mantemento destes espazos como por
exemplo, reparar as desfeitas ou arranxar o mobiliario urbano estragado,
correspóndelle ao concello, pero é
responsabilidade de todos os usuarios e usuarias conservalos.
Con estas premisas no
pensamento, queremos convocar a todas as
asociacións do concello a unha reunión
para impulsar, organizar e coordinar este programa de voluntariado
ambiental e así conseguir entre todos crear un proxecto o máis axustado posible
a realidade do concello e da veciñanza.
Cando?: O XOVES 17 DE XULLO ÁS 20:30 NA CASA DO CONCELLO
NON FALTEDES!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario