O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, o Director Técnico da Federación
Galega de Tríatlon, Luís Piña e o responsable de tríatlon do club Olímpico de
Vedra, Ismael García, como coorganizadores do evento, eran os encargados de
explicar os pormenores da mesma.
O I Duatlón concello de Vedra contará con unha participación de 233
duatletas que deberán afrontar unha distancia de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira.
As 16:00 terá lugar a saída da proba popular, con 104 corredores. Será a
partir das 17:30 cando teñan lugar as probas elite feminina, con 39 deportistas,
e 10 minutos máis tarde producirase a saída elite masculina, con 90 duatletas
en busca das últimas 22 prazas que dan acceso ao campionato galego que se
disputará o día 29 de marzo en Compostela.
Previamente, pola mañá, terá lugar o 8º duatlón escolar de Vedra, dentro do
programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte tamén coorganizado polo club
Olímpico de Vedra, o Concello de Vedra e a Federación Galega de Tríatlon. A
xornada dará comezo as 11:00 e a primeira das probas será a benxamín, que
contará cunha participación de 39 cativos que deberán afrontar un percorrido de
500 metros
correndo, 2000 en bicicleta e 250 novamente a pe. Posteriormente tomarán a
saída os 59 participantes na proba alevín, que correran 1000 mertros a pe, 4000
en bicicleta e 500 a
pe. A proba infantil, con 39 participantes, constará de 1500 metros de carreira,
5600 de ciclismo e 750 de carreira. Os 29 cadetes serán os ultimos en competir,
cunhas distancias a cubrir de 2000 metros a pé, 8400 de sector ciclista e outra
vez 1000 metros
de carreira.
As dúas probas contarán ademais cunha ampla participación dos deportistas
locais do Olímpico de Vedra, con 16 duatletas na proba absoluta, completando
ademais os equipos masculino e feminino na proba elite e 16 deportistas no
duatlon escolar. En total 32 deportista, na que constitúe a participación máis
ampla do club nun dúatlon, unha mostra máis do crecemento desta entidade.
Así pois, este sábado será o día do Dúatlon en Vedra, coa presenza de case
400 deportista e con un operativo montado de preto de 50 voluntarios que
velarán porque a xornada sexa un éxito, non so de participación que xa está
asegurado, senón tamén de cara o público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario