Case
400 duatletas déronse cita en Vedra este sábado na cuarta proba do circuito
galego que gañou Brais Canosa
En
féminas victoria de Carmen Gómez e por clubes do Arcade e do Tríatlon Ferrol.
Ampla representación do Olímpico de Vedra, pero mermados pola baixa de varios
dos seus primeiros espadas, destacando Miguel Daporta que acariñou o podio cun
excepcional 4º posto, o 2º posto sub23 da debutante Patricia Gómez e 6º posto
por equipos masculino e feminino.
Excepcional estreno
no calendario galego do I Dúatlon Concello de Vedra, cuarta proba puntuable para
o circuito galego e última opción de clasificarse para o campionato galego. Cun
rotundo éxito de participación, sendo a proba máis concurrida superando as
celebradas en datas pasadas en O Carballiño, Guitiriz e Lugo, con máis de 230
deportistas, que xunto os preto de 170 participantes pola mañá no 8º Dúatlon
Escolar elevaban a participación ata cerca dos 400
atletas.
Espectacular foi a
proba Elite masculina, cun circuito variado pero rapidísimo e coa presenza de 90
duatletas que buscaban as últimas 22 prazas para o campionato galego. A victoria
foi para Brais Canosa, ao que secundaron no podio Brais Misa e Miguel Vidal. A
soamente catro segundos do podio quedou o local Miguel Daporta, nunha
excepcional remontada, e destacadas posicións tamén para Pedro Outerelo 26º e
Jacobo Crego 34º, o que lle daba o Olímpico o 6º posto, a menos de un minuto do
podio, e a eles dous a clasificación para o campionato galego, onde o Olímpico
terá a catro representantes.
A proba feminina
foi un monólogo do Tríatlon Ferrol, facendose as súas tres integrantes co podio
o completo. Primeira foi Carmen Gómez, segunda Inés Santiago e terceira Sara
Guerrero. Suliñar tamén a ilustre participación na categoría de paraduatlon, da
campioa do mundo de paratríatlon Susana Rodríguez. A representación local
saldouse co segundo posto sub 23 de Patricia Gómez, completando a actuación do
Olímpico Rita Cabanelas e Alejandra Cordón co que lle daban ao club o 6º posto
por equipos. Anteriormente a esta proba tiña lugar a proba masculina sen corte,
na que tomaban a saída unha centena de duatletas cunha nutrida participación do
club Olímpico de Vedra.
Paralelamente na
mesma xornada, pero pola mañá, celebrouse o 8º Dúatlon Escolar de Vedra, dentro
do calendario Xogade, proba clasificatoria para o campionato provincial.
Deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, debutaban así
esta tempada na modalidade, dándose cita preto de 170
participantes.
Así pois unha
excepcional xornada de deporte a vivida este sábado en Vedra, cunha gran
participación local, ainda que mermados por moitas importantes baixa, sendo así
un reto máis que supera o Olímpico de Vedra, que continúa a superarse cada ano,
nesta ocasión co reto de coorganizar xunto co Concello de Vedra o I Duatlón
Concello de Vedra, engadindo así unha cita máis ao seu calendario de
eventos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario