- O Concello de Vedra en colaboración cos establecementos de
hostalería asociados á marca “Tabernas
da Ulla” organiza o Roteiro - Concurso “Vedra de Tapas”, os días 10, 11, 12, 17, 18,
19 de outubro de 2014 co obxectivo
de promocionar a restauración local.
- Cada tapa terá un prezo de venta ao público de 1,50 €.
Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un
viño albariño das adegas locais, o prezo de venta ao público será de 3,00 €
- CONCURSO DE TAPAS:
Cando un
cliente deguste unha tapa presentada a concurso, o establecemento participante deberá
selarlle a cartilla de votación, na casiña correspondente ao seu
establecemento.
Os clientes
poden votar tódalas tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consideren:
de 0 (mal) a 5 (excelente).
Outorgaranse
unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás mellores tapas.
SORTEOS E AGASALLOS PARA OS CLIENTES:
Os
agasallos a sortear entre os clientes participantes no concurso son:
Unha estancia para dúas persoas nunha casa de turismo
rural con almorzo incluido.
Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do
concello.
Un lote de produtos locais.
1 tarxeta regalo por valor de 50€ para gastar en algún
dos establecementos do concello.
Para entrar
no sorteo dos diferentes agasallos
será preciso:
Ter os selos de como mínimo 10 establecementos.
Ter os seus datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en
calquera
das urnas sitas nos establecementos hosteleiros participantes ou na Casa do
Concello de Vedra .
As papeletas
terán que estar depositadas o domingo 19 de outubro de 2014 ás 23:00h. coma
data tope para participar no sorteo e ser válidas para o reconto.
Quen cubra os
selos dos 14 establecementos participantes entrará no sorteo extra de 100 €.
CONCURSO FOTOGRÁFICO para grupos:
Considerarase
grupo o formado por 5 ou máis persoas.
A foto terá
que mostrar que se está facendo o roteiro “Vedra de Tapas”.
Haberá que
enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é
admitida subirase o Facebook do Concello de Vedra. A foto máis votada será a
gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.
Premio: Un lote de produtos locais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario