A tarde do venres no Museo Paz Camps foi
tarde de marionetas cun obradoiro desenvolvido por dúas integrantes do
colectivo 15885 (Esmeralda e Elena) que cun grupo de 20 nenos e nenas pasaron
unha tarde do máis creativa.
Estas
xornadas serían complementadas
na mañá do sábado cunha saída polos montes de Vedra, que desluciu a causa das
malas condicións metereolóxicas.
E no serán do sábado o centro sociocultural
acolleu o Magosto Municipal, no que non faltaron por suposto as castañas, pero
tamén foron protagonistas os doces caseiros presentados a concurso.
En total foron 14 doces que arroupados por
catro mesas doces de outros tantos establecementos de Vedra que fixeron as
delicias das persoas asistentes.
3º premio: María Rosa Nodar cunha torta de
mazá.
2º premio para Emilio Barros cun biscoito de
chocolate ao viño tinto.
1º premio para Cándida Fernández Pazos
O baile e a festa
acompañaron a esta iniciativa arredor das castañas e deste tempo de outono!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario