O tren Al Andalus estrea un itinerario denominado Camiño de Santiago, itinerario do que forma parte o concello de Vedra.
Na súa primeira viaxe por este percorrido fixeron parada na estación de
Santa Cruz, 40 periodistas de 18 países, que viñan neste tre-hotel de luxo para
coñecer e promocionar este itinerario.
A comodidade do aloxamento nos coches-suite, a calidade dunha oferta
gastronómica variada e característica de cada zona no coche restaurante, así
como o gozo dunha copa no coche bar ou dunha actuación en directo no coche
piano son algunhas das opcións que nos ofrecen as instalacións deste singular
tren. Paralelamente inclúese a realización de múltiples actividades
complementarias nas paradas programadas ao longo do traxecto. Gozaremos de
visitas a cidades cun enorme interese patrimonial e cultural, catas de viños de
Denominación de Orixe en importantes adegas, degustación da gastronomía típica
en recoñecidos restaurantes, paseos en barco para descubrir a riqueza
marisqueira do litoral ou relaxadas camiñadas por xardíns cheos de romanticismo
e historia como é o do Pazo de Ortigueira. Sete días dunha viaxe irrepetible
polo norte da península a bordo dun tren orixinal e único. Un inesquecible
recordo de paisaxes, tradicións, arquitecturas, olores, sabores, sensacións e
vivencias doutra época transportados ao noso presente. O único iconveniente é
que este itinerario custa case 3000 € por persoa.
Máis
información: http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtmw/~edisp/turga130639.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario