A próxima saída de voluntariado ambiental terá lugar o sábado 15 de xullo, despois dunha primeira
"quedada" de “A Limpar Vedra” que foi un
éxito en canto ao volume de lixo recollido e a participación.
O grupo de voluntarios estivo traballando na vía de servizo da
autoestrada, á altura da adea de Pousada, onde se recolleron ademais de
escombro de obra, colchóns e louza vella entre outros materiais.
Se queres apuntarte, tomar parte neste programa ou obter máis
información podes solicitala no teléfono 981 814 612 ou no enderezo electrónico
casadospeons@concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario