Ás 20.30 h daba comezo o evento, que da man
de Silvia Castiñeiras, presentadora de
deportes de Correo TV supuxo unha viaxe emotiva e próxima polo deporte vedrés que brillou con luz
propia.
Houbo tempo para as anécdotas, para os
agradecementos, para as peticións e como non para os merecidos aplausos que
todas e cada unha das persoas que se subiron ao escenario, tanto os finalistas
como os premiados, que dende logo tiñan máis que gañados cos brillantes
curriculos que presentaron.
Se ben o momento estelar chegou coa entrega
do Premio Especial do xurado “Lenda do Deporte Galego” que recibiu da man do
alcalde do Concello de Vedra Carlos Martinez Carrillo Moncho Fernández adestrador
do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne
todos os valores deportivos e humáns que o xurado buscaba, pois trátase dun
exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto
de élite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio,
a continúa formación e a implicación social e humán que sempre prioriza, sendo
ademáis unha persoa cercana, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e
defensor dos seus orixes.
A Gala estivo
presidida por:
-
O alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martinez
Carrillo
-
Membros da Corporación de Vedra
-
A Vicepresidenta da Deputación da Coruña e
responsable de Deportes, Dona Mariel Padín
-
O Concelleiro de Deportes da Cidade da Cultura, Don
Fran Mourelo
LISTADO DE
GAÑADORES NAS 15 CATEGORÍAS:
1)
CATEGORÍA FEMININA:
Mellor deportista de base
2012: NAVIA RENDO GUITIÁN
2) CATEGORÍA
FEMININA:
Mellor deportista promesa 2012: ALBA LEMA SEOANE
3) CATEGORÍA
MASCULINA:
Mellor deportista de base
2012: ADRIÁN BARRIO BARRAL
4) CATEGORÍA
MASCULINA:
Mellor deportista promesa
2012: DANIEL BOUZÓN GARCÍA
5) CATEGORÍA MASCULINA:
Mellor equipo promesa 2012:OLÍMPICO DE VEDRA CADETE MASCULINO DE TRIATLÓN
6) CATEGORÍA FEMININA:
Mellor deportista
2012: ALBA LEMA SEOANE SEOANE
7) CATEGORÍA MASCULINA:
Mellor deportista 2012: ANXO LEMA
SAAVEDRA
8) CATEGORÍA FEMININA:
Mellor equipo de base 2012: EQUIPO DE ATLETISMO DO CEIP
ORTIGUEIRA
9) CATEGORÍA FEMININA:
mellor equipo promesa 2012:
OLÍMPICO DE VEDRA FEMININO DE TRIATLÓN
10) CATEGORÍA MASCULINA:
Mellor equipo de base
2012: EQUIPO INFANTIL DA ESCOLA
DEPORTIVA VAL DO ULLA
11) MELLOR INICIATIVA
DEPORTIVA ORGANIZADA NO CONCELLO EN 2012:
CARREIRA
PEDESTRE POPULAR DO GUNDIÁN
12) PREMIO ESPECIAL DO
XURADO Á CONTRIBUCIÓN EMPRESARIAL AO DEPORTE MUNICIPAL
PREMIADOS: RAMSA: Rocas Arcillas y
Minerales S.A.
GRUPO ULLA
13) PREMIO ESPECIAL DO
XURADO Á MELLOR CONTRIBUCIÓN AO DEPORTE MUNICIPAL:
JAIME FURELOS VÁZQUEZ
14) PREMIO ESPECIAL DO
XURADO Á TRAXECTORIA DEPORTIVA
XERARDO
ÁLVAREZ CASAL
15) PREMIO ESPECIAL DO
XURADO “LENDA DO DEPORTE GALEGO”
MONCHO
FERNÁNDEZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario