Para isto este venres 5 de abril ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro
Sociocultural da Terceira Idade de Vedra a súa Primeira Gala do Deporte,
pretendendo con iso poñer en valor a práctica do deporte e os seus principios.
Dende logo será un inmellorable momento para reunir o máis destacado
deste mundo do deporte en Vedra.
Contaremos coa presenza do primeiro galardoado en Vedra como LENDA DO
DEPORTE GALEGO, que non é outro que MONCHO FERNANDEZ, adestrador do BLUSENS
MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os
valores deportivos e humanos que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de
como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de elite a
nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio,continúa
formación e implicación social e humana que sempre é prioritaria, sendo ademais
unha persoa próxima, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor das
súas orixes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario