miércoles, 31 de julio de 2013

Ruta de San Xoán da Cova. Goza do Ulla


O domingo 4 de agosto é a quenda  de Vedra como concello organizador.

O punto de encontro será as 9:30 h. diante da casa do concello ou na Casa dos Peóns, ou as 10:00 h. na Área de Recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián.

Inscricións no teléfono 981 814 691
Autobús gratuíto para inscritos.
 
Tamén, se estas interesado, podes aproveitar esta ocasión para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas.

 





lunes, 29 de julio de 2013

Vedra no novo itinerario do tren máis luxoso de España


O tren Al Andalus estrea un itinerario denominado Camiño de Santiago, itinerario do que forma parte o concello de Vedra.

Na súa primeira viaxe por este percorrido fixeron parada na estación de Santa Cruz, 40 periodistas de 18 países, que viñan neste tre-hotel de luxo para coñecer e promocionar este itinerario.

A comodidade do aloxamento nos coches-suite, a calidade dunha oferta gastronómica variada e característica de cada zona no coche restaurante, así como o gozo dunha copa no coche bar ou dunha actuación en directo no coche piano son algunhas das opcións que nos ofrecen as instalacións deste singular tren. Paralelamente inclúese a realización de múltiples actividades complementarias nas paradas programadas ao longo do traxecto. Gozaremos de visitas a cidades cun enorme interese patrimonial e cultural, catas de viños de Denominación de Orixe en importantes adegas, degustación da gastronomía típica en recoñecidos restaurantes, paseos en barco para descubrir a riqueza marisqueira do litoral ou relaxadas camiñadas por xardíns cheos de romanticismo e historia como é o do Pazo de Ortigueira. Sete días dunha viaxe irrepetible polo norte da península a bordo dun tren orixinal e único. Un inesquecible recordo de paisaxes, tradicións, arquitecturas, olores, sabores, sensacións e vivencias doutra época transportados ao noso presente. O único iconveniente é que este itinerario custa case 3000 € por persoa.

viernes, 26 de julio de 2013


O concello de Vedra súmase no día de hoxe á dor que percorre Galicia, tras o tráxico accidente de tren ocorrido o pasado mércores día 24 en Santiago de Compostela. Queremos trasladar o noso máis sentido pesar a todos os familiares das persoas falecidas, e expresar a nosa solidariedade cos dos feridos.

Con motivo do accidente ferroviario do 24 de xullo o concello de Vedra comunica a suspensión das seguintes actividades programadas para a fin de semana:

  • Ruta cicloturística: Vedra coa Volta ciclista a España.
  • Festival de Bandas de música do Patio.

miércoles, 24 de julio de 2013

Ruta cicloturista polo Concello de Vedra. “Vedra coa volta”

27 de xullo de 2013

Ruta cicloturista polo percorrido que vai realizar a Volta Ciclista a España o vindeiro 27 de agosto ao seu paso polo concello de Vedra.

Itinerario: Trobe, Vedra, Illobre e San Fins de Sales

Saída ás 10.00h do Campo da festa de Trobe

Avituallamento e sorteos.

Agasallo dunha camiseta a tódolos/as participantes.

Información e inscricións: tels. 981512482 – 981814612

casadospeons@concellodevedra.com
Campo da festa de Trobe: 42.765879,-8.505145

martes, 23 de julio de 2013

XI FESTIVAL DE BANDAS DO PATIO EN SANTA CRUZ DE RIBADULLA

Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

VENRES 26 DE XULLO DE 2013, 22:00 H.

"DISNEY. MÚSICA E CINE"

Proxección de fragmentos de películas Disney con música en vivo a cargo da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.

 
SABADO  27 DE XULLO DE 2013, 18:00 H.

"XI FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DO PATIO"

         • Banda da Escola de Música de Rianxo

          Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

          • Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla


CEA - BAILE AO REMATE DO FESTIVAL

A Banda de Santa Cruz organiza unha cea-baile ao remate do festival, á que todo o mundo está convidado.

Para máis información ou reservar,

676 698 845 (Gustavo, presidente da Banda)

Taberna o Patio (Santa Cruz de Ribadulla)

 

viernes, 19 de julio de 2013

DESCENSO EN PIRAGUAS POLO ULLA


O sábado día 20 de xullo case 150 piragüístas descenderán o río Ulla. O descenso transcorrerá entre as Illas de Gres e Agronovo, ao longo dun percorrido de aproximadamente 10 Kilómetros, atravesando unhas paisaxes naturais de grande interese medioambiental.

A saída será ás 11 h.

Achégate a velos!!!!!!!!!!!!