miércoles, 9 de septiembre de 2015
lunes, 7 de septiembre de 2015
II LABORATORIO TEATRAL DE VEDRA
LTV ou como aprender a facer teatro no rural
A actriz e narradora Sherezade Bardají, o técnico Xacobe Castro e o actor Alfonso Romeo imparten tres obradoiros de creación, montaxe e medios no teatro. É o II Laboratorio Teatral de Vedra, que se celebra no concello coruñés durante dúas fins de semana de setembro.
É o segundo ano que o Colectivo Vedramáticos celebra o seu Laboratorio, unha actividade respaldada e financiada pola Xunta de Galicia. Desta volta os talleres desenvólvense os días 12, 13, 18 e 19 de setembro.
O LTV deste ano céntrase en tres áreas. Tres obradoiros dirixidos por profesionais de referencia no panorma cultural galego:
- Xacobe Castro imparte o Obradoiro de Medios Técnicos. Castro formou parte do equipo técnico do Grupo Chévere e nos últimos anos ten traballado con Os Quinquilláns, Fantoches Baj e nesta
última tempada na produción galego-brasileira "Pangeia" de Limiar Teatro
- Sherezade Bardají é a responsable do Obradoiro de Creación Colectiva. Ela é actriz e narradora. Traballou na compañía galega Os Quinquilláns e formouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, comunidade onde agora desenvolve a súa labor de narradora.
- Alfonso Romeo falará sobre Montaxe Teatral. Escollémolo a el polo seu bagaxe multidisciplinar (actor e técnico teatral) en compañías galegas como Nut Teatro, Volta e dálle ou os Quinquilláns, así
como pola súa formación en dirección de actores pola ESCAC.
O alumnado participará en tódolos obradoiros co fin de conseguir unha visión integral do proceso creativo.
As inscripcións para esta segunda edición do Laboratorio Teatral de Vedra están abertas ata o día 10 de setembro.
É una actividade para mozas e mozos de entre 16 a 30 anos e apuntarse é gratuíto! Só hai que escribirnos ao noso mail (vedramaticos@gmail.com) e cubrir a folla de inscrición facilitada.
Contacto: Dane García - 625 99 29 59
A actriz e narradora Sherezade Bardají, o técnico Xacobe Castro e o actor Alfonso Romeo imparten tres obradoiros de creación, montaxe e medios no teatro. É o II Laboratorio Teatral de Vedra, que se celebra no concello coruñés durante dúas fins de semana de setembro.É o segundo ano que o Colectivo Vedramáticos celebra o seu Laboratorio, unha actividade respaldada e financiada pola Xunta de Galicia. Desta volta os talleres desenvólvense os días 12, 13, 18 e 19 de setembro.
O LTV deste ano céntrase en tres áreas. Tres obradoiros dirixidos por profesionais de referencia no panorma cultural galego:
- Xacobe Castro imparte o Obradoiro de Medios Técnicos. Castro formou parte do equipo técnico do Grupo Chévere e nos últimos anos ten traballado con Os Quinquilláns, Fantoches Baj e nesta
última tempada na produción galego-brasileira "Pangeia" de Limiar Teatro
- Sherezade Bardají é a responsable do Obradoiro de Creación Colectiva. Ela é actriz e narradora. Traballou na compañía galega Os Quinquilláns e formouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, comunidade onde agora desenvolve a súa labor de narradora.
- Alfonso Romeo falará sobre Montaxe Teatral. Escollémolo a el polo seu bagaxe multidisciplinar (actor e técnico teatral) en compañías galegas como Nut Teatro, Volta e dálle ou os Quinquilláns, así
como pola súa formación en dirección de actores pola ESCAC.
O alumnado participará en tódolos obradoiros co fin de conseguir unha visión integral do proceso creativo.
As inscripcións para esta segunda edición do Laboratorio Teatral de Vedra están abertas ata o día 10 de setembro.
É una actividade para mozas e mozos de entre 16 a 30 anos e apuntarse é gratuíto! Só hai que escribirnos ao noso mail (vedramaticos@gmail.com) e cubrir a folla de inscrición facilitada.
Contacto: Dane García - 625 99 29 59
viernes, 4 de septiembre de 2015
miércoles, 2 de septiembre de 2015
Axudas para a adquisición de material escolar
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das
axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou
educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2015/16.
As nais e pais poderán solicitar a axuda no centro no que
estean escolarizados os seus fillos onde, unha vez constatado o cumprimento dos
requisitos, se lles facilitará un vale de 50 euros por neno/a que poderán consumir nos establecementos
adheridos ao programa é o 31 de outubro de 2015. Estas bolsas serán
complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á
adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado
a partir do día 2, e iranse tramitando a medida que se vaian presentando, co
fin de emitir canto antes e no menor tempo posible os vales. Os requisitos
poden consultarse no DOG, no enlace
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html
.
Máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/15357
martes, 1 de septiembre de 2015
24 CARREIRA POPULAR DO GUNDIÁN
A do Gundián é unha carreira popular de percorrido curto pero esixente, que transcorre polas dúas beiras do río Ulla, entre as provincias da Coruña e Pontevedra. A proba arranca na ponte vella, unha construción de finais do XVIII pola que pasaba no seu día o viño de Ribeiro camiño de Santiago e que hoxe empregan os peregrinos que seguen a Vía da Prata.
DATA: 13 de setembro ás 10:30 h.
Toda a información e inscricións en: www.gundian.gal
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





