A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria das
axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou
educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2015/16.
As nais e pais poderán solicitar a axuda no centro no que
estean escolarizados os seus fillos onde, unha vez constatado o cumprimento dos
requisitos, se lles facilitará un vale de 50 euros por neno/a que poderán consumir nos establecementos
adheridos ao programa é o 31 de outubro de 2015. Estas bolsas serán
complementarias ao uso do fondo público de libros de texto ou ás axudas á
adquisición de libros de texto, segundo sexa o caso.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado
a partir do día 2, e iranse tramitando a medida que se vaian presentando, co
fin de emitir canto antes e no menor tempo posible os vales. Os requisitos
poden consultarse no DOG, no enlace
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150901/AnuncioG0164-240815-0002_gl.html
.
Máis información: http://www.edu.xunta.es/web/node/15357
No hay comentarios:
Publicar un comentario