miércoles, 13 de mayo de 2015

... Vedra tamén está coas letras galegas!!

E para homenaxealas presenta a campaña:
As nosas palabras!!!!!!!!

Con ela só se quere facer visible a beleza e diversidade do noso idioma a través das persoas que o empregan cada día e cunha simple palabra pódese conseguir.

Por iso colocamos estes paneis en diferentes puntos con actividades culturais do concello para que cada quen escriba neles a súa palabra preferida do galego!!

DATAS E LUGARES: Do 14 ao 21 de maio no museo Paz Camps, na biblioteca de Vedra, no centro sociocultural de Vedra e no Serán das Letras da Asociación Cultural San Campio.

E como non as redes sociais non poden quedar fóra, así que propoñémosche que entres no noso facebook e nos escribas a túa palabra!!


I CONCURSO SERÁN DAS LETRAS


martes, 12 de mayo de 2015

EXPOSICIÓN OBRADOIRO DE PINTURA

XOVES 14 DE MAIO ÁS 20 H NO MUSEO PAZ CAMPS


Os obradoiros de pintura do concello de Vedra abren as portas do museo este xoves para presentar o resultado dos seus meses de traballo.

Convidante a que visites a súa exposición!!

Non o dubides e achegate!!


HORARIOS DE APERTURA DA EXPOSICIÓN AO PÚBLICO:

Do 14 de maio ao 14 de xuño
- Venres de 17 a 21 h.
- Sábados de 11.30 a 13.30 h. e de 19 a 21 h.


- Domingo de 11.30 a 13.30 h.

miércoles, 6 de mayo de 2015

TODOCOSMOS ACHEGASE AOS CENTROS ESCOLARES DE VEDRA

Continuamos co programa TODOCOSMOS que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

No noso concello xa comezaron as actividades o pasado 1 de abril cunha observación nocturna dende o campo da festa de Vedra. Esta primeira observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha pequena charla explicativa por parte do persoal do Observatorio Astrónomico.

As seguintes das actividades previstas para o noso concello serán unhas charlas nos centros educativos durante a primeira semana de maio e destinadas fundamentalmente ao alumnado de  primaria.

CALENDARIO: Venres 8 de maio

CPI DE VEDRA: 
  • 10.25 h. para os grupos de 1º, 2º,3º de primaria
  • 12.00 h. para os grupos de 4º, 5º,6º de primaria
CEIP DE ORTIGUEIRA:
  • 15.00 h. os grupos de primaria




martes, 5 de mayo de 2015

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O vindeiro xoves 7 de maio, unha unidade móbil con persoal sanitario do Centro de Transfusións de Galicia visitará Vedra.
LUGAR: Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)- Diante do Supermercado Carrillo.
HORA: de 16:00 a 21:00 horas
Se tes pensado realizar unha doazón, debes ter en conta que antes da mesma un médico farache unha entrevista confidencial para descartar calquer aspecto que impida a realización desta. Mídese o pulso e a tensión sanguínea. Extraese unha gota dun dedo para medir o nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia.
Para doar sangue non é preciso ir en xaxún, tan só esperar duas horas desde a última comida. O acto de doar non debilita o organismo, pero de todas formas ofréceselle ao doante un pequeno refrixerio, auga ou refrescos e algún alimento sólido.
A doazón dura aproximadamente cinco minutos, é un procedemento totalmente seguro que utiliza material estéril de un só uso e non hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades infecto-contaxiosas.
A doazón de sangue é un acto necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e incluso salvar a vida.

VAL DO ULLA ASCENDE A PRIMEIRA AUTONOMICA

Parabéns ao Val do Ulla CF polo seu ascenso a Primera Autonómica!!!!!!!!!!!!

lunes, 4 de mayo de 2015

CLAUSURA UP+ VEDRA

O próximo xoves 7 de maio ás 19h vai ter lugar a clausura do programa UP+ desenvolvido polo grupo Arestora en colaboración co concello de Vedra.

Ao longo dos últimos 6 meses fomentaronse varias accións dirixidas a dinamizar e orientar os cidadáns a través de iniciativas eficaces de autoempleo e tamén se incideu na mellora das empresas da zona.


O acto vai ter lugar no Centro de Formación Municipal (Casa da Estación de Ferrocaril de Santa Cruz de Ribadulla) onde os participantes presentarán os proxectos nos que traballaron ao longo do programa.