Continuamos
co programa
TODOCOSMOS que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se
atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a
Tecnoloxía (Fecyt).
Este programa
ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante
diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros,
observacións astronómicas, presentacións, etc.
No noso concello xa comezaron as actividades o pasado 1 de abril
cunha observación nocturna dende o campo da festa de Vedra. Esta primeira
observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha
pequena charla explicativa por parte do persoal do Observatorio Astrónomico.
As seguintes
das actividades previstas para o noso concello serán unhas charlas nos centros
educativos durante a primeira semana de maio e destinadas fundamentalmente
ao alumnado de primaria.
CALENDARIO: Venres 8 de maio
CPI DE VEDRA:
- 10.25 h. para os grupos de 1º, 2º,3º de primaria
- 12.00 h. para os grupos de 4º, 5º,6º de primaria
- 15.00 h. os grupos de primaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario