viernes, 10 de febrero de 2012

Comeza o entroido!!!



A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Esta fin de semana damos o arranque as celebracións de entroido en Vedra. Así que os Xenerais do Ulla vestirán os seus tradicionais uniformes polas seguintes parroquias de vedra:

VILANOVA 11 de febreiro
 MUNICIPAL DE VEDRA 18 de febreiro
TROBE 19 de febreiro
SAN XIÁN DE SALES 25 de febreiro
ILLOBRE 4 de marzo  

miércoles, 8 de febrero de 2012

Programa “Voz Natura” no Concello de Vedra

 
Hoxe as alumnas e alumnos do CPI de Vedra participaron nunha xornada de reforestación dentro do Programa  “Voz Natura”. Coa colaboración do Concello de Vedra estes rapaces e rapazas viviron unha experiencia de educación ambiental coa  plantación de especies arbóreas propias do noso ecosistema dentro viveiro municipal.
Esta actividade complementase coa plantación de frutais que os alumnos e alumnas de Infantil farán pola tarde no entorno do Centro de Saúde de Vedra.
Desta forma son case 300 rapaces e rapazas os que puideron vivir esta experiencia que lles permitirá poñer en valor  e coñecer o contorno que os rodea.
Estas iniciativas son sempre saudables  e recomendables!!

lunes, 6 de febrero de 2012

ENTROIDO MUNICIPAL DE VEDRA

É o momento de poñer as máscaras e renderlle culto a esta tradición tan nosa como é o Entroido do Val do Ulla. Un espectáculo cheo de cor e imaxinación que non nos deixará indiferentes!

LUGAR: CAMPO DA FESTA DE VEDRA

PROGRAMA:

Ás 16.00 h arranca a festa dende o Pavillón Municipal e o Centro da Terceira Idade, cara a Casa do Concello, no que os Xenerais da Ulla darán os seus tradicionais “Vivas”.
A comitiva continuará o seu desfile ata o Campo de Festa de Vedra, lugar ideal para recibir unha festa deste tamaño.
Ás 17.30 h. Desfile de carrozas, coros cantareiros, comparsas e disfraces, baixo a atenta mirada do xurado!!

Ás 18.00 h farase entrega dun agasallo de participación aos disfrazados entre os 0 e os 10 anos.

Ás 18.30 h será o momento dos famosos “Atranques dos Xenerais”, que coma sempre virán cargados de humor e retranca para aturar cunha gargallada a realidade do día a día.

Ás 19.30 h Veredicto do xurado para os disfraces en todas as categorías e entrega de premios.

Para rematar “Baile de disfraces”


BASES DOS CONCURSOS DE DISFRACES
ENTROIDO MUNICIPAL 2012


CATEGORÍA DE CARROZAS
Requisitos: Ter unha temática, unha plataforma móvil e estar formada por un mínimo de 8 persoas.
1º clasificado: 150 €.  Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 150 €.  Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

PARRANDAS CANTAREIRAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e contar con música e cantares.
1º clasificado: 150 €.  Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 150 €.  Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

COMPARSAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e ter unha temática.
1º clasificado: 100 €.  Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €.  Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.

DISFRACES EN GRUPO
Requisitos: Ter entre 3 e 7 integrantes de calquera idade.
1º clasificado: 50 € e unha dúcia de chourizos.
2º clasificado: 50 € e un monllo de grelos.

DISFRACES EN PARELLA
A mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: 30 € + agasallo.
A mellor parella de disfraces de  máis de 16 anos: 30 € + cea para dúas persoas.

DISFRACES INDIVIDUAIS
O mellor disfraz de 10 a 16 anos: 20 € + agasallo.
O mellor disfraz de  máis de 16 anos: 20 € + cea para dúas persoas.

*TODOS OS NENOS E NENAS DISFRAZADOS DE ENTRE 0 E 10 ANOS RECIBIRÁN O SEU AGASALLO DE PARTICIPACIÓN.

+ info no teléfono 981 814 691 ou no correo cultura@concellodevedra.com



viernes, 3 de febrero de 2012

jueves, 2 de febrero de 2012

Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla






O pasado venres 3 de febreiro tivo lugar na Paza do Obradoiro a  presentación do proxecto  Entroido da Ulla – Xenerais da Ulla, no que participan os oito Concellos nos que esta celebración tradicional ten máis calado: Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Os representantes municipais cos Xenerais da Ulla no Obradoiro
Este proxecto busca a posta en valor deste entroido  no que o Concello de Vedra participa activamente. O protocolo de colaboración ten coma obxectivo xenérico promover conxuntamente as diferentes celebracións do Entroido da Ulla que teñen lugar nos oito concellos. Un dos obxectivos concretos que se marcan é a consecución da Declaración de Festa de Interese Turístico, tanto de Galicia como de España.
 Os Xenerais da Ulla fixeron unha representación dun típico "alto" ou "atranque", elemento central desta festividade, convidando a participar nos múltiples eventos que terán lugar durante o mes de febreiro nun total de vinte e sete lugares e parroquias dos oito concellos.
Neste ano, coa colaboración das Deputacións de A Coruña e Pontevedra, desenvolveuse por primeira vez unha páxina web, www.xeneraisdaulla.com, na que se poderá consultar a información máis interesante sobre a festividade, así como os diferentes eventos que terán lugar nos diferentes lugares e parroquias. Editáronse tamén un cartel e un folleto promocionais

 "Atranque" na praza

Comeza o LAV012

O sábado e o domingo comezan unhas novas xornadas do LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra) organizadas pola Asociación Senunpeso Produccións.
Contan con un programa completísimo de actividades, non o perdas!!
Para ter toda a información só tes que ir á súa páxina web http://www.senunpeso.org/

Curso de dinamización hortofrutícola

A Asociación Terras de Compostela, que preside o Alcalde do Concello de Vedra, organiza un curso de dinamización hortofrutícola
Máis información en:
Dinamización hortofrutícola