LUGAR: CAMPO DA FESTA DE VEDRA
PROGRAMA:
Ás 16.00 h arranca a festa dende o Pavillón Municipal e o Centro da Terceira Idade, cara a Casa do Concello, no que os Xenerais da Ulla darán os seus tradicionais “Vivas”.
A comitiva continuará o seu desfile ata o Campo de Festa de Vedra, lugar ideal para recibir unha festa deste tamaño.
Ás 17.30 h. Desfile de carrozas, coros cantareiros, comparsas e disfraces, baixo a atenta mirada do xurado!!
Ás 18.00 h farase entrega dun agasallo de participación aos disfrazados entre os 0 e os 10 anos.
Ás 18.30 h será o momento dos famosos “Atranques dos Xenerais”, que coma sempre virán cargados de humor e retranca para aturar cunha gargallada a realidade do día a día.
Ás 19.30 h Veredicto do xurado para os disfraces en todas as categorías e entrega de premios.
Para rematar “Baile de disfraces”
BASES DOS CONCURSOS DE DISFRACES
ENTROIDO MUNICIPAL 2012
CATEGORÍA DE CARROZAS
Requisitos: Ter unha temática, unha plataforma móvil e estar formada por un mínimo de 8 persoas.
1º clasificado: 150 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 150 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
PARRANDAS CANTAREIRAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e contar con música e cantares.
1º clasificado: 150 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 150 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
COMPARSAS
Requisitos: Estar formada por un mínimo de 8 persoas e ter unha temática.
1º clasificado: 100 €. Unha cacheira, dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
2º clasificado: 100 €. Dúas dúcias de chourizos e un monllo de grelos.
DISFRACES EN GRUPO
Requisitos: Ter entre 3 e 7 integrantes de calquera idade.
1º clasificado: 50 € e unha dúcia de chourizos.
2º clasificado: 50 € e un monllo de grelos.
DISFRACES EN PARELLA
A mellor parella de disfraces de 10 a 16 anos: 30 € + agasallo.
A mellor parella de disfraces de máis de 16 anos: 30 € + cea para dúas persoas.
DISFRACES INDIVIDUAIS
O mellor disfraz de 10 a 16 anos: 20 € + agasallo.
O mellor disfraz de máis de 16 anos: 20 € + cea para dúas persoas.
*TODOS OS NENOS E NENAS DISFRAZADOS DE ENTRE 0 E 10 ANOS RECIBIRÁN O SEU AGASALLO DE PARTICIPACIÓN.
+ info no teléfono 981 814 691 ou no correo cultura@concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario