
O vindeiro luns día 13 de xullo a Campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” que promove a Consellería de Medio Ambiente e Sogama vaise achegar a Vedra.
Unha aula móbil e un inchable desta iniciativa emprazarase entre as 16.00 e as 20.00 horas nas inmediacións da piscina municipal.
Esta é unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe, onde educadores ambientais informan sobre qué residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario