O Concello de Vedra
aposta por unha opción diferente e innovadora para persoas emprendedoras. O Programa un paso máis
Onte luns 2 de febreiroe contando coa
presencia do alcalde Carlos Martinez Carrillo Vedra deu o primeiro paso deste “Programa de dinamización do emprego e de
melloras das empresas locais”.
Tratouse dunha primeira toma de contacto deste servizo de asesoramento
para persoas emprendedoras e/ou con ideas de negocio por desenvolver.
Tratárase dun programa personalizado de seis
meses de duración e que se fundamentará en catro liñas de acción:
-
Formación
e técnicas de coaching.
-
Consultoría
individual e de grupo.
-
Seguimento
personalizado.
-
Análise
doutras iniciativas xa consolidadas que serven de exemplo e referencia.
O obxectivo é conseguir orientar e facilitar
a creación de novos negocios e empregos en Vedra e da xente de Vedra, ademais
de servir de impulso para todas esas ideas novas que sempre custa despegar e
farase dunha maneira directa, individual, próxima e continuada.
É unha aposta diferente a todas as concibidas
con anterioridade a as expectativas son a priori moi positivas tanto para a
organización como para as 11 persoas que tiveron onte o primeiro contacto coa
acción. A idea e seguir sumando ata acadar o obxectivo das vintecinco prazas
que poden participar deste proxecto, por esta razón dende o departamento de
emprego do concello instase a toda persoa con interese de emprender, con ideas
orixinais e novidosas a poñerse en contacto xa ben a través do teléfono 981 814
692 ou no enderezo electrónico alcaldia@concellodevedra.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario