“Somos auga”
FUNDAMENTACION
Esta nova edición do programa
Vedra en Ciencia plantexase no marco da
Década da Auga, 2005-2015: Decenio
Internacional para a acción da “AUGA, FONTE DE VIDA” que pretende contribuír ao aumento do coñecemento
da cultura científica da poboación en torno a un ben tan importante como a auga.
A auga é un elemento esencial
para manter as nosas vidas. O acceso a auga potable reduce a expansión de
moitas enfermidades infecciosas. Necesidades vitais humanas, como o
abastecemento de alimentos dependen dela. Os recursos enerxéticos e as
actividades industriais que necesitamos tamén dependen da auga.
A auga participa de cada
proceso da nosa vida cotiá. Esta presente na terra, na atmosfera, nos seres
vivos, nas plantas,… a súa presenza é vital non solo como elemento constituínte
senón tamén como medio para obter outros produtos.
Entre os seus diversos usos
atopamos que é indispensable na agricultura, na gandería, na industria, como
fonte de enerxía, nos fogares.... é fundamental para a vida, e ao mesmo tempo é
un recurso fráxil e vulnerable que debemos coidar e usar de maneiras sostibles
e duradeiras no tempo.
Pretendemos crear un foro de
ideas sobre o inmenso e ao mesmo tempo fráxil que é este recurso para a
humanidade e para o medio que nos rodea. Esperamos que “Vedra en Ciencia 2014” se presente como un lugar
de encontro para o intercambio de propostas, proxectos e coñecementos para o
ben de tódolos participantes e do medio ambiente
que nos rodea.