O pasado luns disputouse a final da copa de fútbol sala do concello de Vedra na que resultou vencedor o equipo Vente Vindo-Reale, tras imponerse por 4 a 3 a Taberna do Patio-Café Bar A Senra nun partido moi disputado e con constantes alternativas no marcador. Deste xeito o Vente Vindo-Reale fai dobrete ao sumar ao título de liga 2013-2014 o título de copa, resultando ademais invicto nos dous torneos. A estes título hai tamén que sumarlle o de equipo máis goleador do torneo de liga. Completaron o cadro de honra da Copa o mencionado anteriormente Taberna do Patio-Café Bar A Senra, como subcampión e o Talleres Dopazo, que tras imponerse no 3º e 4º posto a Os Picholeiros, por un axustado 3 a 2, facíase co terceiro posto na copa despois tamén de terse proclamado subcampión da liga. Os premios restantes foron para o Maloserá, que quedou 3º na liga, ademáis de ser o equipo menos goleado e o Bacalhau, que por segundo ano consecutivo facíase co trofeo ao equipo máis deportivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario