RUTA CABALAR E XANTAR SOLIDARIO
TODOS CON JOSÉ MANUEL
Vedra sigue facendo gala da súa solidariedade
A Asociación Cabalar Río Pereiro, propón unha nova actividade solidaria para axudar a José Manuel.
O domingo 3 de novembro e nesta ocasión a través da Asociación Cabalar Río Pereiro, José Manuel, o veciño de Vedra que precisa dunha intervención e unha longa rehabilitación para poder superar a súa disparesia espástica e poder camiñar. Volverá a contar coa axuda e o apoio da xente do seu concello e de todas aquelas persoas que queiran participar.
A xornada arrincará cunha xuntanza cabalar
que completará unha ruta a carón do río Ulla.
Ás 14.00 h será o momento de recuperar forzas e reunirse ante un bo
xantar, que terá unha finalidade solidaria.
Ademais haberá as actuacións de Yadira, Hugo Torreiro, Xacobe Pérez Paz
e a charanga BB+ e moitas sorpresas.
A participación está aberta a todas as
persoas que queiran asistir. A comida para os adultos ten un custo de 25 €, e
para os nenos de 10€, dos cales una parte estará destinada a José Manuel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario