O vindeiro venres, 27 de setembro, ás 20.30 h terá lugar una nova sesión de
Escola de Familias. Será no Centro de Formación Municipal de
Sta. Cruz de Ribadulla (no antigo edificio da Estación de Ribadulla).Agora que estamos comenzando o novo curso escolar 2013-2014, é o momento de aproveitar a axuda e información que nos aportan os profesionais para que dende a familia sexamos quen de axudar a garantir o éxito educativo dos nosos fillos e fillas.
Nesta ocasión contaremos coa participación de MANUEL REI FERNÁNDEZ, un dos mellores profesionais da orientación educativa a nivel nacional.
O tema:
“Se a túa filla ou o teu fillo ten dificultades nos estudos, ti podes axudarlle. Queres facelo?”
Nesta sesión poderás atopar respostas a:
· Cando un neno ou nena ten dificultades nos estudos?
· Aprobar todo indica que non ten dificultades?
· Son normais as diferenzas nos estudos entre uns e outros?
· A onde acudir se o meu fillo/a ten blemas cos estudos?
· Como podo axudarlle a que obteña mellores notas?
· …
Que no se pierda ningún talento por falta de medios económicos y que esta vez sea verdad y se cumpla... El mundo está lleno de gallegos inteligentes, pero sin estudios, y es una pena...
ResponderEliminar