A empresa de lámpadas Arturo-Álvarez ubicada no Concello de
Vedra, forma parte dunha campaña da Xunta de Galicia e de Galicia Calidade,
como empresa que está a exportar.
Dende estas letras, noraboa polo “traballo ben feito”.
Arturo Álvarez adícase ó deseño e produción de todo tipo de
luminarias decorativas. Ofrece obxectos de gran personalidade, únicos, para
entornos privados e públicos. Conta cun equipo profesional altamente
cualificado, motivado e un proxecto de empresa claro. Todos estes factores fan
que Arturo Álvarez esté presente en máis de 50 países, e que o seu traballo sexa
recoñecido por un público amplo e que nos últimos anos reciba importantes
premios de deseño e diversos recoñecementos.
Podes ver a calidade e orixinalidade dos seus produtos en:
www.arturo-alvarez.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario