A Asociación de
Veciños de Santa Cruz de Ribadulla co financiamento do Programa Leader Galicia
2007-2013, xestionado polo GDR Terras de Compostela, levou a cabo un proxecto
consistente no acondicionamento dun espazo natural na parroquia de Santa Cruz
de Ribadulla destinado a área recreativa, paseo e instalación de parque
biosaudable, coa finalidade de mellorar a calidade de vida e benestar dos
veciños.
- Recuperación e posta en valor dun espazo de gran beleza e
patrimonio natural. Mellora do medio ambiente e da contorna rural.
- Fomento do uso
social, educativo e recreativo dun espazo natural.Recuperación, mediante a
conservación e tratamento de elementos naturais (árbores autóctonas,
recuperación do entorno do regato, flora e fauna, ....)
- Este proxecto
contribuirá á mellora da calidade de vida da zona, e fomentaranse hábitos saudables ao aire
libre, nun espazo de gran valor natural. Incremento do valor engadido do
territorio e dos establecementos e centros turísticos mediante a recuperación
de espazos paisaxísticos.
- Interacción e
socialización entre os usuarios das instalacións. Mellora social de todos os
colectivos de usuarios destas instalacións, mediante a socialización, relación
interxeracional, hábitos saúdables, actividades que se organicen, contacto coa
natureza en familia ou en grupo de amigos/veciños,…
No próximo boletín
municipal ampliarase a información sobre este novo espazo de lecer do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario