lunes, 29 de octubre de 2012
jueves, 18 de octubre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
NOVO PARQUE BIOSAUDABLE
A Asociación de
Veciños de Santa Cruz de Ribadulla co financiamento do Programa Leader Galicia
2007-2013, xestionado polo GDR Terras de Compostela, levou a cabo un proxecto
consistente no acondicionamento dun espazo natural na parroquia de Santa Cruz
de Ribadulla destinado a área recreativa, paseo e instalación de parque
biosaudable, coa finalidade de mellorar a calidade de vida e benestar dos
veciños.
- Recuperación e posta en valor dun espazo de gran beleza e
patrimonio natural. Mellora do medio ambiente e da contorna rural.
- Fomento do uso
social, educativo e recreativo dun espazo natural.Recuperación, mediante a
conservación e tratamento de elementos naturais (árbores autóctonas,
recuperación do entorno do regato, flora e fauna, ....)
- Este proxecto
contribuirá á mellora da calidade de vida da zona, e fomentaranse hábitos saudables ao aire
libre, nun espazo de gran valor natural. Incremento do valor engadido do
territorio e dos establecementos e centros turísticos mediante a recuperación
de espazos paisaxísticos.
- Interacción e
socialización entre os usuarios das instalacións. Mellora social de todos os
colectivos de usuarios destas instalacións, mediante a socialización, relación
interxeracional, hábitos saúdables, actividades que se organicen, contacto coa
natureza en familia ou en grupo de amigos/veciños,…
No próximo boletín
municipal ampliarase a información sobre este novo espazo de lecer do concello.
lunes, 8 de octubre de 2012
RAFTING POLO RIO ULLA
A xuventude de Vedra
volve á aventura!!
Aproveitando as moitas posibilidades que nos ofrece o Río Ulla
propoñémosche esta emocionante actividade que consistirá nunha baixada polo río
dende Porta Sinde (Carcacía) ata Herbón.
REQUISITOS: Ser maior de idade e saber nadar.
Levar
roupa de baño e calzado axeitado.
DATA: o sábado 3 de novembro
PRAZO DE INSCRICIÓN
ABERTO ATA O 31 DE OUTUBRO OU ATA CUBRIR AS PRAZAS no teléfono 981 814 691 ou
no correo casadospeons@concellodevedra.com
PREZO: 20 € por persoa (inclúe trasporte, o material para o
desenvolvemento da actividade e os monitores da mesma).
viernes, 5 de octubre de 2012
II FOLIADA DO SOUTO DE SAN FINS
A Asociación Agarimo de San Fins proponnos para o Sábado 13 de Octubre, na parroquia de San Fins a segunda edición da Foliada do Souto que dará comezo a partir das 21.30 horas.
Todos os presentes podrán gozar cas actuacions dos seguintes grupos folclóricos:
-Son do Souto, de A.C. Agarimo
-Raiolo
-O Ghusto do Boi
-Os Esfolladores
-A Requinta da Laxeira
-Os Imprevistos
No campo da festa tamén haberá postos de comida e bebida con precios anti -crisis.
Todos os presentes podrán gozar cas actuacions dos seguintes grupos folclóricos:
-Son do Souto, de A.C. Agarimo
-Raiolo
-O Ghusto do Boi
-Os Esfolladores
-A Requinta da Laxeira
-Os Imprevistos
No campo da festa tamén haberá postos de comida e bebida con precios anti -crisis.
martes, 2 de octubre de 2012
LUVAS VERDES
Continuamos co programa A LIMPAR VEDRA, despois desta parada
estival.
A próxima saída está prevista para o 6 de outubro e desta volta centraremonos no Río Pereiro e
na contorna do muíño de Fufin.
Se tes interés podes colaborar ou tomar parte do proxecto LUVAS
VERDES de varias formas:
- Localizando
ou inventariando un lugar ou espazo
que estea sendo utilizado de vertedoiro incontrolado e notificándonolo no
concello, ou
- participando
nas PATRULLAS VERDES , como voluntario/a ambiental e axudando na limpeza
destes vertedoiros.
Se queres apuntarte e participar parte neste programa, ou obter
máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo
electrónico casadospeons@concellodevedra.com .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)