Seguindo co
programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove, desenvolveuse este domingo, 23 de setembro,
en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, unha ruta de
sendeirismo, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
Esta novedosa proposta buscaba combinar o
lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus
ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que este
concello preparadas para que quen os visite poida coñecer e desfrutar do municipio.
Nesta nova inciativa participaron
participaron medio cento de persoas , máis da metade acompañados das súas
mascotas. A xornada transcurriu con normalidade a pesares de que a climatoloxía
non animaba á participación, aínda que salvo ao comezo da ruta e xusto ao
remate, nos que a chuvia e o vento restaron brillosidade ao evento, o resto
estivo seco e cunha temperatura óptima para o percorrido.
A saída foi ás 10.00 h do mirador de
Gundián, na parroquia vedresa de Ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do
ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcurreu ao longo do río
ata a antiga ponte da N525, cruzou o núcleo de Ponte Ulla, onde veciños e
vendedores dos postos da feira (que se celebra cada 4º domingo do mes) se viron
sorprendidos ao paso dos cans. Continuou polo muiño de Reboredo e seguiu a
carón do río Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca
e o Couto de Ximonde ata chegar á área recreativa de Cubelas en San Pedro de
Sarandón.
Ao remate parte dos sendeiristas
compartiron comida na parroquia de San Miguel de Sarandón e os comentarios
versaban sobre a beleza, o coidado e a singularidade da ruta, que animaron aos
participantes a repetila.
A actividade cos cans foi coordinada por
unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.
As persoas
participantes cos seus cans necesitaron facer unha inscrición previa no
concello onde recibiron unha serie de pautas para facilitar a organización da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario