martes, 22 de septiembre de 2015

XORNADAS CULTURAIS SOBRE MICOLOXÍA

A asociación medioambiental Amabul coa colaboración do concello de Vedra e o financiamento da Deputación da Coruña organiza as Xornadas culturais sobre a micoloxía do 25 de setembro ao 11 de outubro de 2015 no Centro Social de Vedra.



miércoles, 16 de septiembre de 2015

OS AXÓUXERES. Encontros para a xente miúda da casa

Chega a Vedra un novo espectáculo infantil da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actividade para a rapazada dos 0 aos 6 anos que o 26 de setembro fará do Museo de San Fins o escenario desta festa da música, dos xogos e das palabras.


CHAMA AO TELÉFONO 697 363 089 DO 21 AO 25 DE SETEMBRO EN HORARIO DE 10 A 13 H PARA FACER A TÚA RESERVA (A ENTRADA É DE BALDE CON RESERVA)

I Xornadas de Desenvolvemento Sociocumunitario e Educación Ambiental




O 19 de setembro de 2015 terán lugar na Casa de Cultura de Santa Cruz de Ribadulla as I Xornadas de Desenvolvemento Sociocumunitario e Educación Ambiental.


lunes, 7 de septiembre de 2015

II LABORATORIO TEATRAL DE VEDRA

LTV ou como aprender a facer teatro no rural

A actriz e narradora Sherezade Bardají, o técnico Xacobe Castro e o actor Alfonso Romeo imparten tres obradoiros de creación, montaxe e medios no teatro. É o II Laboratorio Teatral de Vedra, que se celebra no concello coruñés durante dúas fins de semana de setembro.

É o segundo ano que o Colectivo Vedramáticos celebra o seu Laboratorio, unha actividade respaldada e financiada pola Xunta de Galicia. Desta volta os talleres desenvólvense os días 12, 13, 18 e 19 de setembro.

O LTV deste ano céntrase en tres áreas. Tres obradoiros dirixidos por profesionais de referencia no panorma cultural galego:

- Xacobe Castro imparte o Obradoiro de Medios Técnicos. Castro formou parte do equipo técnico do Grupo Chévere e nos últimos anos ten traballado con Os Quinquilláns, Fantoches Baj e nesta
última tempada na produción galego-brasileira "Pangeia" de Limiar Teatro

- Sherezade Bardají é a responsable do Obradoiro de Creación Colectiva. Ela é actriz e narradora. Traballou na compañía galega Os Quinquilláns e formouse na Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya, comunidade onde agora desenvolve a súa labor de narradora.

- Alfonso Romeo falará sobre Montaxe Teatral. Escollémolo a el polo seu bagaxe multidisciplinar (actor e técnico teatral) en compañías galegas como Nut Teatro, Volta e dálle ou os Quinquilláns, así
como pola súa formación en dirección de actores pola ESCAC.

O alumnado participará en tódolos obradoiros co fin de conseguir unha visión integral do proceso creativo.

As inscripcións para esta segunda edición do Laboratorio Teatral de Vedra están abertas ata o día 10 de setembro.

É una actividade para mozas e mozos de entre 16 a 30 anos e apuntarse é gratuíto! Só hai que escribirnos ao noso mail (vedramaticos@gmail.com) e cubrir a folla de inscrición facilitada.

Contacto: Dane García - 625 99 29 59