lunes, 27 de julio de 2015
GOZA DO ULLA EN VEDRA
Data:
domingo 2 de agosto.
Distancia:
11,2 km .
Dificultade:
media.
Punto de
encontro: Área de recreo de Cubelas 42º
44´ 6.96´´ N / 8º 28´ 33.1´´O
Contacto
e información: 981 814691 casadospeons@concellodevedra.com
Máis información
en gozadoulla@gmail.com
e en http://facebook.com/gozadoulla
O punto de encontro
será ás 9:30 h. na Área de recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para
subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián as 10.00 h.
Tamén, se estas interesado, podes aproveitar
esta ocasión para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na
Área de recreo de Cubelas.
sábado, 25 de julio de 2015
ALUGUER DE BICICLETAS BTT
LEMBRA QUE CONTAMOS CUN SERVIZO DE ALUGUER DE BICICLETAS
Persoas destinatarias:O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idade comprendidas entre os 16 e os 18 anos poderán gozar do sistema previa autorización expresa e responsable dalgún dos seus pais ou titores legais. Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 16 anos.
Horario e lugar do servizo de aluguer de bicicletas:
Horario de atención ao público: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE INTERMEDIACIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:
Horario de atención ao público: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas nos PUNTOS DE INTERMEDIACIÓN DO ALUGUER DE BICICLETAS:
- Bar Quenllas: R/Manuel Texo nº 3,
Santa Cruz de Ribadulla. ( 42.776649, - 8.424904) Tfno.: 981 512452.
- Bar Barreiro: Cibrán nº9, San Xián de
Sales. (42.814694, - 8.511153) Tfno.: 981 511508.
Ou chamando ao 981 814612 / casadospeons@concellodevedra.com
Dispoñibilidade do servizo:
O servizo estará dispoñible todo o ano. O tempo máximo permitido de utilización continua das bicicletas é de 6 horas. No caso de exceder este prazo aplicaranse as sancións correspondentes. O servizo poderá ser suspendido por causas de forza maior (climatolóxicas...).

Declaración de alta como usuario:
Os interesados en usar o sistema de aluguer de bicicletas deberán previamente darse de alta no servizo nos Puntos de Intermediación. A tal efecto, deberán cumprimentar unha folla de inscrición e acompañala do documento nacional de identidade.

Custe do servizo 3 €, co límite de tempo
fixado (6 h).
Xestiona o servizo a Asociación para a
Dinamización e Promoción de Vedra “Casa dos Peóns”.
jueves, 23 de julio de 2015
DINAMIZA PISCINA
Ao longo dos meses de xullo e agosto, os martes, xoves e sábados de 17:00 a 20:00 horas, os nenos e nenas, xóvenes e maiores que se acheguen a piscina municipal, atoparanse con diversas alternativas socioculturais: bibliopiscina, obradoiros, xogos,…
Anímate a particicipar e goza do verán!!!!!!!!!!!!!
miércoles, 22 de julio de 2015
LUVAS VERDES PIRATAS NA LUDOTECA DE VEDRA
A aventura, que reuniu a máis de corenta piratas, consistiu nunha actividade de rastrexo que mesturou a cultura pirata co coidado do medio ambiente.
jueves, 16 de julio de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)