viernes, 27 de junio de 2014

Descenso do Ulla en Piraguas


En xullo realizaremos o xa tradicional descenso do Ulla en Piraguas, que transcorrerá entre Ponteledesma e Agronovo, ao longo dun percorrido de aproximadamente 10 quilómetros, atravesando unhas paisaxes naturais de grande interese ambiental.

DATA: SÁBADO 19 DE XULLO.
LUGAR E HORA DE RECOLLIDA: Área de Recreo Agronovo ás 10h.
INICIO DA ACTIVIDADE: Ás 11 h en Ponteledesma 
PREZO: 20€/persoa.(Inclúe: piragua –de 2 persoas-, salvavidas e seguro da actividade)

* Ao remate do descenso, na Área de Recreo de Agronovo haberá a posibilidade de participar dun xantar por  un prezo de 10 €.

* INSCRIBETE NO TELÉFONO 981 814 691 OU NO ENDEREZO ELECTRÓNICO cultura@concellodevedra.com antes do 10 de xullo!!


* As prazas serán limitadas e outorgaranse por estrita orde de inscrición. 

miércoles, 25 de junio de 2014

Escola de Verán 2014 “Son Terra”

Se queres vivir un verán diferente participa nesta actividade de xuventude.

Que é?
Unha alternativa de verán, onde os mozos e mozas teñan un papel protagonista.

Como é?
Dentro de Son Terra imos facer:
  - Descubertas do contorno (sendeirismo, piragüismo ...)
  - Actividades etnográficas.
  - Obradoiros e traballos de campo.
  - Saídas e acampada.
  - Grandes xogos e moito máis...

E como novidades?
Días de convivencia nun albergue con mozos doutros lugares.

Cando é?
Do 7 xullo ao 1 de agosto en horario de 10 a 14 horas, excepto actividades puntuais (saídas, rutas, acampada...)
Para quen é?

Para a mocidade de máis de 13 anos.    

+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS ATA O VENRES 4 DE XULLO nos seguintes teléfonos dos departamentos de xuventude e cultura:  981 814 695  ou  981 814 691.

( Prazas limitadas)

martes, 24 de junio de 2014

CAMPAMENTO DE VERÁN EN PORTO DO SON

O departamento de Xuventude do concello de Vedra en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia propón para a mocidade de entre 9 e 13 anos o seguinte campamento xuvenil...

... Do 17 ao 28 de xullo no Albergue Xuvenil “Virxe de Loreto” – Porto do Son



Requisitos para participar:

1º) Ter entre 9 e 13 anos.
2º) Figurar no padrón municipal de Vedra, polo menos cun ano de antigüidade.
3º) Non ter ningunha enfermidade que impida o desenvolvemento de actividades deportivas e/ou acuáticas.

GOZA DESTA EXPERIENCIA, CON ACTIVIDADES ACUÁTICAS, EXCURSIÓNS,... E MOITÍSIMA DIVERSIÓN!!

Faino só por 175 € por persoa


Chama xa ao 981 814 691 ou escribenos a cultura@concellodevedra.com. tes ata o 30 de xuño para facelo, ou ata que se esgoten as prazas!!

viernes, 20 de junio de 2014

SÁBADO 21 DE XUÑO APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL


HORARIO:
de luns a venres de 15.00 h a 21.00 h.
sábados, domingos e festivos de 16.00h a 21.00 h.

TELÉFONO: 626 488 891
*En caso de mal tempo as instalacións permanecerán pechadas

ACTIVIDADES ACUÁTICAS AS TARDES DOS LUNS E OVES


Natación para nenos e nenas:
INICIACIÓN e PERFECCIONAMENTO en varios niveis.

Natación para persoas adultas:
INICIACIÓN e PERFECCIONAMENTO para varios niveis.


Natación terapéutica a persoasadultas e maiores de 65 anos

Consulta os horarios e inscríbete nas actividades entre o 21 e o 30 de xuño na propia piscina municipal.

miércoles, 11 de junio de 2014

NOITE DE MUIÑADA EN VILANOVA

O sábado 14 de xuño a partir das 20:00 h., a comisión de festexos e a Asoc de Veciños desta parroquia propoñenche pasar un serán diferente!!

* Haberá sardiñas, churrasco, papas de millo, viño, queimada,…


Non faltará a música nin os xogos tradicionais … e todo baixo o encanto da lúa chea neste entorno máxico da Área de Interpretación dos Muíños en Vilanova!!