martes, 30 de abril de 2013

XXVI FESTA DA ORELLA

SAN FINS DE SALES
DOMINGO 5 DE MAIO

A partir da unha do mediodía terá lugar a presentación dunha nova edición da festa a cargo de Inés Dopazo Mella.

Pola maña contarase coa actuación da Asoc. Agarimo de San Fins, e xa despois do xantar festa rachada coas actuacións de pandereteiras SILANDEIRA de San Xulián, música tradicional TRÉCOLA da Poboa do Caramiñal e as charangas SON DO SOUTO e o GHUSTO DO BOI de Lestedo.

Durante todo o día haberá degustación de orella de porco gratis, e tamén postos de venda de orella doce, polbo, churrasco, ...

E a partir das 18.00 h actuación da orquestra PARIS DE NOIA.

jueves, 25 de abril de 2013

Representación de JRELOS CREST da Asociación Cultural Ullán

O grupo de teatro da Asociación Cultural Ullán ante o enorme éxito de público recibido na última actuación realizada dentro da programación de Teatrofilia 2013, presenta dous novos pases da súa obra JRELOS CREST.

    LUGAR.:na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla
    HORARIO: sábado 27 ás 21.30 h
                     domingo 28 ás 19.00 h

VEDRA EMPRESAS

Albariño Gundián 2011 consigue a medalla de plata na 37.ª edición del Challenge International du Vin, celebrado en Burdeos onde se presentaron casi 5.000 mostras de viño de 32 países dos cinco continentes. Este recoñecemento ven a sumarse á medalla de ouro acadada na última festa do Alvariño de Cambados.


miércoles, 24 de abril de 2013

Exposición de Esperanza Lema Bouzas

Despois do éxito da presentación da súa exposición en Madrid dunha selección das súas obras pictóricas e escultóricas durante o mes de xaneiro. Agora é o turno de que Esperanza Lema Bouzas nos presente a súa obra no noso termo municipal.

DATA DA INAUGURACIÓN: VENRES 26 DE ABRIL
HORA: ÁS 20.30 H

Ata o próximo 26 de maio poderemos seguir gozando das obras pictóricas e escultóricas de Esperanza Lema no noso Concello, que estará aberta ao público os venres e sábados de 17:00 A 20:00 horas e  os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Existe a posibilidade de concertar visitas para grupos en horario de mañá chamando ao teléfono 981 814 691.

Programa Posta a Punto: Consumo "con sentido"

DATA: VENRES 24 DE MAIO.

HORA: ÁS 20.00 h.

LUGAR: CENTRO DE FORMACIÓN MUNICIPAL “Na casa da estación do tren de Santa Cruz de Ribadulla”.

Neste mes o Programa Posta a Punto para a xuventude presenta o  obradoiro  CONSUMO “CON SENTIDO” no que se tocarán os seguintes temas:

1. Achegar unha visión máis sostible de comprar.
2. Consumo responsable.
3. Sacando as redes da pantalla.
 
*Inscríbete xa no teléfono 981 814 691, será moi divertido!!

jueves, 18 de abril de 2013

XANELA DA MULLER RURAL: AS MULLERES E A SEXUALIDADE

Continua o Programa da Asociación Berenguela pola Igualdade
A XANELA DA MULLER RURAL
… e faino co faladoiro
“AS MULLERES E A SEXUALIDADE ”
... Ademais haberá obradoiro Tuppersex
 
 
DATA: O sábado 20 de abril
HORA: Ás 19:00 h
LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DA TERCEIRA IDADE
Non perdas esta divertida oportunidade!!

martes, 16 de abril de 2013

DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA

O Club Olímpico de Vedra organiza o DUATLÓN ESCOLAR DE VEDRA, clasificatorio para o Campionato Provincial, este domingo 21 de abril na Carballeira do Souto-San Fins.
INSCRICIÓNS
Deberán enviarse Á Federación Galega de Tríatlon, ó correo electrónico
fegatri@hotmail.com ou o fax 982 109 800, ata o mércores 17 de abril ás 14:00 horas.


CLASIFICACIÓNS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL
Clasificaran os dous primeiros equipos de cada categoría e sexo, e a nivel individual
clasificaranse os 25 primeiros por categoría e sexo para o campionato provincial.
A clasificación por equipos obterase da suma do tempo dos tres primeiros clasificados de
cada equipo, resultando vencedor o equipo que menos tempo empregue. En caso de
empate gañará o que clasifique primeiro o seu mellor deportista, na categoría e sexo que
corresponda

PREMIOS
Haberá medallas para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría.

Máis información