martes, 27 de marzo de 2012

PDA. Programa De Aventura

O Departamento de Xuventude do Concello de Vedra oferta á mocidade de Vedra un programa de actividades para o seu tempo libre.

Desta maneira os meses de maio xuño e xullo serán máis divertidos e intrépidos!! Non lle perdas o fío ...

En maio…

VIAXE A ESTORIL. MotoGP Gran Premio de Portugal
DATAS:  o 5 e 6 de maio
Prezo: 75 €
Inclúe: desprazamento,  hotel, cea do sábado e almorzo do domingo e entradas para os dous días no Gran Premio de Portugal
Prazo de inscrición aberto ata o 17 de abril ou ata cubrir prazas no enderezo cultura@concellodevedra.com ou no teléfono 981 814 691

PAINT-BALL o Sábado 12 de maio pola tarde
Prezo: 20 €
Inclúe: equipamento, seguro, monitorado da actividade, 200 bolas
Campo: Meco Paint Ball (Oza)

O prazo de inscrición para esta actividade estará aberto ata o  martes 8 de maio. Prazas limitadas.
Chama ao 981 814691 ou escribe a cultura@concellodevedra.com

Axenda...

En xuño
Karts o Sábado 2 de xuño

En xullo
Descenso do Ulla en Piraguas o Sábado 21 de xullo


jueves, 15 de marzo de 2012

Novos cursos de informática no Telecentro de Vedra


 
Durante todo o ano o Concello de Vedra desenvolve cursos de informática para todas as idades e niveis. Esta fin de semana comezan os seguintes:

* Deseño Web os venres ás 20.00 h
Comeza este venres 16 de marzo.
Iniciación á informática para adultos os sábados ás 10.00 h
Comeza este sábado 17 de marzo.
Photoshop os sábados ás 12.00 h
Comeza este sábado 17 de marzo. Haberá unha proba para determinar o nivel do grupo!!

O prezo por curso é de 20 € e terá unha duración de 3 meses.

Para recibir máis información o concello pon a disposición o teléfono 981 814 691

A Arte da Seducción

-O Programa para a xuventude  “Posta a Punto” presenta, como cada terceiro venres de mes, un novo obradoiro pensado para os xóvenes. A finalidade última deste programa é a de abordar temas de actualidade e interese para a mocidade.

DATA: VENRES 16 DE MARZO
HORA: ÁS 20.00 H
LUGAR: Na Casa da Estación de Santa Cruz de Ribadulla
TEMÁTICA DESTE OBRADOIRO A Arte da Seducción
O programa da xornada será o seguinte:
1. Imaxe corporal.
2. Diferentes formas de relacionarnos cos iguais.
3. Situacións de ligue.
4. Os encontros en parella.

jueves, 8 de marzo de 2012

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Como non podía ser menos, unímonos á celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA o 8 de marzo, unha data ben significativa para as mulleres e os homes que cremos na igualdade.

viernes, 2 de marzo de 2012

IX Mostra de Teatro Amador de Vedra.

Asociación Papaventos
Teatrofilia 2012

Chega a cita anual co TEATRO en Vedra, que encherá as tres primeiras fins de semana de marzo. Non vos perdades esta oportunidade!!

LUGAR: Casa da Terceira Idade –Vedra
PROGRAMA:
Venres  2  marzo 21:15
Compañía: Asoc. Teatral do Miolo &Cia (Lugo)
Obra: “Barvarela: Almorzos e cubatas” +16

Sábado 3  marzo 21:15
Compañía: Carrachanacacha (Narón)
Obra: “Gheidi” +16

Domingo 4 marzo 19:45  - Actuación Profesional
Compañía: Volta e Dalle Teatro 
Obra: “Menciñeiros” TP

miércoles, 29 de febrero de 2012

XVIII Xornadas arredor da camelia

Esta edición das xornadas encheu de actividades o mes de febreiro, e todas elas tiveron a camelia como verdadeira protagonista.

Primeiro foi o “Roteiro: A Camelia nos pazos e casas grandes de Vedra” que o pasado sábado 11 de febreiro visitou distintos pazos do concello e algunha das súas casas con gran riqueza de camelias e que fixo moi animada  a mañá.

Esta iniciativa novidosa involucrou a un total de 49 participantes, que disfrutaron dunha soleada mañá e na que puideron aproveitar a ocasión para capturar as súas imaxes para participar na proposta de Fotocamelia.

Para rematar o grupo desfrutou dunha degustación de productos típicos do Concello doados por establecementos colaboradores.
En definitiva unha mañá distinta para dar pistoletazo de saída ás XVIII Xornadas da Camelia.

Seguidamente o xoves 16 de febreiro na Casa da Estación do Tren, que acolleu nesta ocasión as ditas xornadas, desenvolveuse o “Obradoiro: Multiplicación de camelia por estaquiñas e enxerto” impartido por dona Leonor Magariños. Este obradoiro tamén foi moi ben acollido polo público en xeral e ata 35 persoas participaron del.

E desta maneira chegou o día grande, o domingo 26 de febreiro. Neste día a Praza da Estación de Tren de Santa Cruz acolleu as XVIII Xornadas da Camelia, convertida nun escaparate para esta flor de inverno. Nela ata 16 participantes presentaron as súas composicións ornamentais. Ademais presentaronse as fotografias participates en FOTOCAMELIA e os concursos para a mellor flor de camelia e o mellor centro foral.

Ás 12.00 h da mañá e da man do Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar quedou inaugurada esta xornada, na que a beleza da camelia quedou máis realzada que nunca.

A nota musical veu de man das dúas Escolas de Música do Concello de Vedra e a tarde estivo marcada pola entrega de premios nas diferentes categorías e os obradoiros infantís.

Por outro lado a Asoc. Amigos do Ferrocarril  estivo presente toda a xornada coa súa exposición “50 anos de historia do ferrocarril”  e moi especialmente coa proxección do documental “Carrilanos. Os túnelos dun tempo”.



Ás 20.00 h clausuraba esta xornada a conselleira de Medio Rural e do Mar Dona Rosa Quintana Carballo.