miércoles, 29 de febrero de 2012

XVIII Xornadas arredor da camelia

Esta edición das xornadas encheu de actividades o mes de febreiro, e todas elas tiveron a camelia como verdadeira protagonista.

Primeiro foi o “Roteiro: A Camelia nos pazos e casas grandes de Vedra” que o pasado sábado 11 de febreiro visitou distintos pazos do concello e algunha das súas casas con gran riqueza de camelias e que fixo moi animada  a mañá.

Esta iniciativa novidosa involucrou a un total de 49 participantes, que disfrutaron dunha soleada mañá e na que puideron aproveitar a ocasión para capturar as súas imaxes para participar na proposta de Fotocamelia.

Para rematar o grupo desfrutou dunha degustación de productos típicos do Concello doados por establecementos colaboradores.
En definitiva unha mañá distinta para dar pistoletazo de saída ás XVIII Xornadas da Camelia.

Seguidamente o xoves 16 de febreiro na Casa da Estación do Tren, que acolleu nesta ocasión as ditas xornadas, desenvolveuse o “Obradoiro: Multiplicación de camelia por estaquiñas e enxerto” impartido por dona Leonor Magariños. Este obradoiro tamén foi moi ben acollido polo público en xeral e ata 35 persoas participaron del.

E desta maneira chegou o día grande, o domingo 26 de febreiro. Neste día a Praza da Estación de Tren de Santa Cruz acolleu as XVIII Xornadas da Camelia, convertida nun escaparate para esta flor de inverno. Nela ata 16 participantes presentaron as súas composicións ornamentais. Ademais presentaronse as fotografias participates en FOTOCAMELIA e os concursos para a mellor flor de camelia e o mellor centro foral.

Ás 12.00 h da mañá e da man do Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar quedou inaugurada esta xornada, na que a beleza da camelia quedou máis realzada que nunca.

A nota musical veu de man das dúas Escolas de Música do Concello de Vedra e a tarde estivo marcada pola entrega de premios nas diferentes categorías e os obradoiros infantís.

Por outro lado a Asoc. Amigos do Ferrocarril  estivo presente toda a xornada coa súa exposición “50 anos de historia do ferrocarril”  e moi especialmente coa proxección do documental “Carrilanos. Os túnelos dun tempo”.



Ás 20.00 h clausuraba esta xornada a conselleira de Medio Rural e do Mar Dona Rosa Quintana Carballo.

viernes, 17 de febrero de 2012

MENÚS DE ENTROIDO. Ofertas especiais nos restaurantes de Vedra


Gran participación no obradoiro de multiplicación de camelia


A Asociación Amigos da Camelia Val do Ulla en colaboración co Concello de Vedra continuan a desenvolver a súa programación durante todo este mes de febreiro dentro das súas XVIII Xornadas Arredor da Camelia.

Máis de trinta persoas asistiron na tarde de hoxe á Casa da Estación do Tren en Santa Cruz para participar no obradoiro: Multiplicación de camelia por “estaquiñas” impartido por Leonor Magariños (con 30 anos de experiencia no mundo da camelia).

As actividades da programación continúan, por exemplo co Concurso fotocamelia 2012, que pecha hoxe venres o seu prazo de inscrición e que presentará os seus traballo  o domingo 26 de febreiro na XVIII Xornada Arredor da Camelia, que nesta edición presenta unha nova imaxe nun novo emprazamento: A Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.

jueves, 16 de febrero de 2012

POSTA A PUNTO. Obradoiro de redes sociais

Venres 17 de febreiro (Telecentro) .
OBRADOIRO DE REDES SOCIAIS
1.Introducción ás Redes Sociais.
2.A seguridade e privacidade nas Redes Sociais
3.Creación de Perfil de Usuario en Facebook e Twitter
4.Utilidades entre redes sociais.
5.Creación de eventos e difusión de información.

- Para participar nos obradoiros  hai que anotarse no Tfno. 981 814 691 ou en xuventude@concellodevedra.com .

viernes, 10 de febrero de 2012

Comeza o entroido!!!



A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Esta fin de semana damos o arranque as celebracións de entroido en Vedra. Así que os Xenerais do Ulla vestirán os seus tradicionais uniformes polas seguintes parroquias de vedra:

VILANOVA 11 de febreiro
 MUNICIPAL DE VEDRA 18 de febreiro
TROBE 19 de febreiro
SAN XIÁN DE SALES 25 de febreiro
ILLOBRE 4 de marzo  

miércoles, 8 de febrero de 2012

Programa “Voz Natura” no Concello de Vedra

 
Hoxe as alumnas e alumnos do CPI de Vedra participaron nunha xornada de reforestación dentro do Programa  “Voz Natura”. Coa colaboración do Concello de Vedra estes rapaces e rapazas viviron unha experiencia de educación ambiental coa  plantación de especies arbóreas propias do noso ecosistema dentro viveiro municipal.
Esta actividade complementase coa plantación de frutais que os alumnos e alumnas de Infantil farán pola tarde no entorno do Centro de Saúde de Vedra.
Desta forma son case 300 rapaces e rapazas os que puideron vivir esta experiencia que lles permitirá poñer en valor  e coñecer o contorno que os rodea.
Estas iniciativas son sempre saudables  e recomendables!!