martes, 19 de enero de 2016

VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS


Vedra, 19 de Xaneiro.

Hoxe tivo lugar na Casa do Concello de Vedra a presentación do VII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos. Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino.

No acto de presentación interviron José Viaño (Director do CPI de Vedra), Ramón Lago (membro da ANPA “A BOCA” do CPI de Vedra), Jesús Rodríguez (profesor da USC e membro de Nova Escola e coordinador do seminario), Manuel Costa (Concelleiro de Educación, Turismo e Medio Rural) e Carlos Martínez (Alcalde do Concello de Vedra). Durante a presentación do seminario déronse a coñecer os obxectivos, metodoloxía e destinatarios do mesmo. Entre os obxectivos principais podemos destacar:

Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos
Avaliar os materias didácticos a través de distintos modelos de avaliación
Tomar decisións constructivas respecto dos materiais educativos no propio contexto
Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.

Este seminario está dirixido a familias, docentes, estudantes de ensinanzas universitarias, educadores/as sociais, profesionais do ámbito do ensino… levarase a cabo os días 19, 20 e 21 de Febreiro no CPI de Vedra. Durantes estes tres días haberá mesas de debate, conferencias e diferentes obradoiros (os asistentes poderán escoller entre unha gran variedade dos mesmos). O último día quérese organizar unha visita pola contorna, para que todos os participantes poidan coñecer máis profundamente o Concello de Vedra.


Para máis información e inscripcións:
Web da actividade: http://educationre.wordpress.com
Twitter: @GrupoCAVILA
Tlfn: 981-56-25-77
Correo: neg@mundo-r.com

Que unha actividade destas características teña lugar nun Concello rural como é Vedra, favorece a súa proxeción cara o exterior e pon en valor os seus recursos, a súa xente, e a educación como elemento central de desenvolvemento.


CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

Aínda estas en prazo para anotarte na  CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016para a que este concello dispón de 3 PRAZAS. O prazo  remata o vindeiro día 22 de xaneiro de 2016.

A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Leitariegos. Poderán participar os rapaces/zas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005, e o custe da actividade é de  95,00 €  como cota de participación que inclúe aloxamento, manutención, cursiños de esquí e o transporte dende a comarca, tanto de ida como de volta. 

A quenda que lle corresponde a Vedra é a 5ª QUENDA, dende o 06/03/2016 ó 11/03/2016.

No caso de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizaremos un sorteo público ante o/a Secretario/a do concello para adxudicar as prazas.

Máis información e inscrcións no teléfono 981 814 691.

jueves, 14 de enero de 2016

NOTA INFORMATIVA DA ASOCIACIÓN SENUNPESO... LAV´016


Este ano volvemos ter obradoiros de balde para a xente máis nova. E cambiamos o formato, porque queremos chegar a máis rapaces e rapazas. Queremos que @s que vos pica a curiosidade do audiovisual, non teñades que pasar do LAV por que sodes demasiado nov@s ou porque vos coincide co partido de fútbol, o ensaio da banda ou unha comida familiar na casa da tía Antonieta.
Para iso faremos tres obradoiros diferentes, uns para 10 a 14 anos e outros para 12 a 16. E non serán todos de fin de semana completa: teremos formatos diferentes, de 2 días, 1 día ou de só 4 horas.
E en Vedra xa tedes formularios para anotarvos, tanto no CPI de Vedra, como no CEIP de Ortigueira, porque non queremos que quededes sen praza: Os formularios recolleremolos o venres ás 3 da tarde en Vedra, e ás 5 en Ortigueira. A partir do lúns 18 ábrese o prazo de inscrición na web , e aínda podedes facelo, se vos deixan os que queren vir de lonxe.
Non te despistes!
  • #Vedra2Q16-> sábado13 de febreiro, de 10 a 14 hs., 12 a 16 anos
Estraños feitos acontecen na tranquila vila de Vedra durante a mañá do 13 de febreiro de 2016. Todo semella igual que a noite anterior, se non fose porque se detectan estrañas presenzas, se observan inquietantes desaparicións e todo parece mudar de sitio, o que nos fai pensar que no ano 2016 nada é o que parece. Un grupo de rapaces atópanse no interior do CPI de Vedra e son as únicas testemuñas do que acontece, co que terán a responsabilidade de narrar os feitos vividos ao resto de terrícolas. Os participantes terán que escribir, coa axuda dos seus móbiles, unha historia de guión imprevisible e resultados inesperados. Seguindo a estrutura en tres actos (presentación, nó e desenlace), construirán un relato transmedia coa axuda de tres aplicacións e do seu brillante maxín.

  • Xogando coa holografía: domingo 14 de febreiro, de 10 a 14 hs., a de 10 a 16 anos.
Neste pequeno obradoiro explicaremos os principios básicos da holografía e a diferenza entre o que son os "efectos holográficos" e a holografía real.Veremos como o que hoxe coñecemos como efectos holográficos se inventou hai moito tempo e como estes existen na natureza. Finalmente amosaremos como é posible converter o móbil ou a tableta nun "proxectorholográfico" e ensinaremos aos asistentes a crear as súas propias holografías.
Para este obradoiro é necesario traer un ordenador portátil, ademais dunha tableta ou un teléfono móbil. Se alguén non ten ordenador portátil, compartirá con outro alumno. 

  •  
Xornalista por un día: sábado 13 e domingo 14, de 10 a 14 hs. e de 15: 30 a 19:30 hs. NON É OBRIGATORIO ESTAR A TEMPO COMPLETO (podes escoller o sábado ou o domingo)
Se che gusta contar o que pasa e como pasa, se che gusta escribir, preguntar, tuitear, fotografar, saber e divulgar, quizais queiras ser xornalista por un día. Propoñémosche que formes parte do gabinete de comunicación do LAV con este obradoiro no que experimentarás de xeito práctico como se difunde un evento cultural. 
 
Comezaremos por explicarvos un pouco de que vai isto de informar e comunicar: uns conceptos básicos e de que vai iso da ética do xornalista. Segundo as vosas preferencias, crearemos un equipo multidisciplinar no que vos ensinaremos as diferentes tarefas de comunicación para que cadaquén asuma as facetas que máis lle gusten: redactar informacións, xestionar redes sociais, tirar fotografías, coordinar o equipo, contactar coa prensa....


lunes, 11 de enero de 2016

OBRADOIRO DE COSTURA


O vindeiro mércores 13 de xaneiro comeza un novo trimestre do obradoiro de costura que se desenvolve semanalmente na Casa das Artes de Vedra.

Se che gusta coser, ou simplemente tes interese en aprender… aínda quedan dúas prazas vacantes!!


Chama XA ao teléfono 981 814 691.

ESCOLA DE FAMILIAS: ADOLESCENCIA E RELACIÓNS FAMILIARES


viernes, 8 de enero de 2016

CHARLA -COLOQUIO: PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS NO ÁMBITO FAMILIAR E ADICCIÓN AS NOVAS TECNOLOXÍAS


TES RUTINA NOS TEUS PLANS DA FIN DE SEMANA?,
GUSTARÍACHE DESCUBRIR NOVAS ACTIVIDADES?
APETÉCECHE COÑECER A OUTROS-AS XÓVENES DO TEU CONCELLO E DA COMARCA?

Se eres mozo ou moza con idade entre os 14 e 35 anos fainos chegar as túas propostas...cal sería o destino desa viaxe que che gustaría facer cun grupo de amigos-as, que cursos che interesa que se desenvolvan?...e outras actividades...de aventura, deportivas...


Queremos coñecer as vosas propostas, precisamos da vosa colaboración para artellar o programa de actividades para a xuventude. Por iso, animámosvos a que no las acheguedes ben a través do facebook ou a xuventude@concellodevedra.com.