viernes, 14 de septiembre de 2012

Andaina Canina pola ruta de sendeirismo "San Xoán da Cova"

Seguindo co  programa de rutas de sendeirismo que o Concello de Vedra promove, achegámosvos unha nova iniciativa que agardamos sexa do voso interés e vos animedes a participar.

Esta novedosa proposta intenta combinar o lecer dos aficionados ao sendeirismo co das persoas que gustan de pasar os seus ratos de ocio cos seus cans, aproveitando as rutas de sendeirismo que temos preparadas para que quen nos visite poida coñecer e gozar do noso municipio.
 
Para iso, o Concello de Vedra en colaboración co Club de cans de familia, Só lles falta falar, organiza una ruta de sendeirismo o vindeiro domingo, 23 de setembro, polo fermoso roteiro de San Xoán da cova, a carón do río Ulla.
 
A saída será ás 10:00 do mirador de Gundián, na parroquia de ponte Ulla, ao pé da antiga ponte do ferrocarril (que é o logo turístico do concello). Transcorrerá ao longo do río ata a antiga ponte da N525, cruzará o núcleo de Ponte Ulla, para continuar polo muíño de Reboredo e seguir a carón do Ulla, pasando a área recreativa de Agronovo, a Casa museo da pesca e o Couto de Ximonde ata a área recreativa de Cubelas en San Pedro de Sarandón.
A actividade cos cans será coordinada por unha especialista en conduta animal, colaboradora do club.
 
As persoas interesadas en participar cos seus cans necesitan facer unha inscrición previa no concello onde recibirán unha serie de pautas para  facilitar a organización da actividade. Esta inscrición pode facerse no teléfono  981 814 691 ou directamente nas oficinas municipais.
As persoas que participen sen cans, non precisan inscribirse, aínda que se recomenda para unha mellor organización da ruta.
Máis información:

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Ciclo Teatral “FEGATEA MÓVETE”



 

Como xa nos teñen acostumados a Asoc. Cultural Papaventos volve a traernos teatro.


Esta vez a través da súa colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado preséntannos "FEGATEA MÓVETE" co seguinte cartel.

  




    

Data actuación
Grupo
Obra
16/09/2012
RUEIRO (Vigo)
A MIÑA MULLER E O FONTANEIRO
22/09/2012
CHUMPÁ TEATRO (Cuntis)
MARIBEL E A EXTRAÑA FAMILIA
23/09/2012
METATESE (Palas de Rei)
BOLBORETAS




LUGAR DAS REPRESENTACIÓNS: CASA DA TERCEIRA IDADE DE VEDRA

HORA DAS REPRESENTACIÓNS: 20.00 h

PREZO POR REPRESENTACIÓN: 2 € por persoa.

Os menores de 12 anos terán entrada gratuíta!!




Programa de Actividades Culturais e Deportivas

Coa chegada do curso escolar comeza a programación cultural e deportiva do Concello de Vedra.
Bótalle unha ollada!!!!!!
Hai actividades para todas as idades, podes consultalas neste blog clickando na pestaña que ves na parte de enriba.

jueves, 6 de septiembre de 2012

Axenda desta fin de semana en Vedra

O Concello de Vedra ofreceche varias alternativas para o lecer nesta proxima fin de semana.
Así tes:
- O 7, 8, e 9 de setembro as Festas do Gundián.

- O 8 e 9 de setembro o I Torneo Val do Ulla Cadete e Xuvenil


Presentación de 'Cántigas da Ulla' e 'Coplas ulláns' na Ponte Ulla


Hoxe 6 de setembro, antevéspera da romaría do Gundián, a Asociación Cultural Raiceiros presentará contra as nove da noite as publicacións 'Coplas ulláns' e 'Cántigas da Ulla' na antiga reitoral da Ponte Ulla.

 

viernes, 24 de agosto de 2012

FESTA DE CLAUSURA DOS CURSOS DE NATACIÓN

Este xoves día 30 de agosto, a partir das 16:00 horas na piscina municipal de Vedra, Gran Festa de Clausura dos Cursos de Natación.
Haberá inchables acuáticos, globoflexia, música, xogos,... Achégate ata a piscina e pasa unha tarde diferente!!!!!!!!!!