jueves, 8 de marzo de 2012
viernes, 2 de marzo de 2012
IX Mostra de Teatro Amador de Vedra.
Asociación Papaventos
Teatrofilia 2012
Chega a cita anual co TEATRO en Vedra, que encherá as tres primeiras fins de semana de marzo. Non vos perdades esta oportunidade!!
LUGAR: Casa da Terceira Idade –Vedra
PROGRAMA:
Venres 2 marzo 21:15
Compañía: Asoc. Teatral do Miolo &Cia (Lugo)
Obra: “Barvarela: Almorzos e cubatas” +16
Sábado 3 marzo 21:15
Compañía: Carrachanacacha (Narón)
Obra: “Gheidi” +16
Domingo 4 marzo 19:45 - Actuación Profesional
Compañía: Volta e Dalle Teatro
Obra: “Menciñeiros” TP
miércoles, 29 de febrero de 2012
XVIII Xornadas arredor da camelia
Esta edición das xornadas encheu de actividades o mes de febreiro, e todas elas tiveron a camelia como v
erdadeira protagonista.
erdadeira protagonista.
Primeiro foi o “Roteiro: A Camelia nos pazos e casas grandes de Vedra” que o pasado sábado 11 de febreiro visitou distintos pazos do concello e algunha das súas casas con gran riqueza de camelias e que fixo moi animada a mañá.
Para rematar o grupo desfrutou dunha degustación de productos típicos do Concello doados por establecementos colaboradores.
En definitiva unha mañá distinta para dar pistoletazo de saída ás XVIII Xornadas da Camelia.
Seguidamente o xoves 16 de febreiro na Casa da Estación do Tren, que acolleu nesta ocasión as ditas xornadas, desenvolveuse o “Obradoiro: Multiplicación de camelia por estaquiñas e enxerto” impartido por dona Leonor Magariños. Este obradoiro tamén foi moi ben acollido polo público en xeral e ata 35 persoas participaron del.
E desta maneira chegou o día grande, o domingo 26 de febreiro. Neste día a Praza da Estación de Tren de Santa Cruz acolleu as XVIII Xornadas da Camelia, convertida nun escaparate para esta flor de inverno. Nela ata 16 participantes presentaron as súas composicións ornamentais. Ademais presentaronse as fotografias participates en FOTOCAMELIA e os concursos para a mellor flor de camelia e o mellor centro foral.
Ás 12.00 h da mañá e da man do Secretario Xeral da Consellería de Medio Rural e do Mar quedou inaugurada esta xornada, na que a beleza da camelia quedou máis realzada que nunca.
A nota musical veu de man das dúas Escolas de Música do Concello de Vedra e a tarde estivo marcada pola entrega de premios nas diferentes categorías e os obradoiros infantís.
Por outro lado a Asoc. Amigos do Ferrocarril estivo presente toda a xornada coa súa exposición “50 anos de historia do ferrocarril” e moi especialmente coa proxección do documental “Carrilanos. Os túnelos dun tempo”.
viernes, 24 de febrero de 2012
viernes, 17 de febrero de 2012
Gran participación no obradoiro de multiplicación de camelia
As actividades da programación continúan, por exemplo co Concurso fotocamelia 2012, que pecha hoxe venres o seu prazo de inscrición e que presentará os seus traballo o domingo 26 de febreiro na XVIII Xornada Arredor da Camelia, que nesta edición presenta unha nova imaxe nun novo emprazamento: A Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla.
jueves, 16 de febrero de 2012
POSTA A PUNTO. Obradoiro de redes sociais
OBRADOIRO DE REDES SOCIAIS
1.Introducción ás Redes Sociais.
2.A seguridade e privacidade nas Redes Sociais
3.Creación de Perfil de Usuario en Facebook e Twitter
4.Utilidades entre redes sociais.
5.Creación de eventos e difusión de información.
- Para participar nos obradoiros hai que anotarse no Tfno. 981 814 691 ou en xuventude@concellodevedra.com .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





