miércoles, 6 de mayo de 2015

TODOCOSMOS ACHEGASE AOS CENTROS ESCOLARES DE VEDRA

Continuamos co programa TODOCOSMOS que organiza o Observatorio Astronómico Ramón María Aller en colaboración con 12 concellos galegos entre os que se atopa Vedra, e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Este programa ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc.

No noso concello xa comezaron as actividades o pasado 1 de abril cunha observación nocturna dende o campo da festa de Vedra. Esta primeira observación tivo un grande éxito de participación e estivo precedida dunha pequena charla explicativa por parte do persoal do Observatorio Astrónomico.

As seguintes das actividades previstas para o noso concello serán unhas charlas nos centros educativos durante a primeira semana de maio e destinadas fundamentalmente ao alumnado de  primaria.

CALENDARIO: Venres 8 de maio

CPI DE VEDRA: 
  • 10.25 h. para os grupos de 1º, 2º,3º de primaria
  • 12.00 h. para os grupos de 4º, 5º,6º de primaria
CEIP DE ORTIGUEIRA:
  • 15.00 h. os grupos de primaria




No hay comentarios:

Publicar un comentario