miércoles, 20 de mayo de 2015

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACION DA CORUÑA

Os campamentos vanse a desenvolver o vindeiro mes de xullo e estarán destinados a dous grupos de idade:

GRUPO
PRAZAS
DATA
INSCRICIÓNS
A
 DESTINATARIOS: rapaces/as nados nos anos 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001
3
28 de xuño ao 4 de xullo
Ata o 29 de maio
B
DESTINATARIOS: rapaces/as nados nos anos 2000, 1999, 1998
Sorteo na Deputación
19 ao 25 de xullo
Ata o 29 de maio

Para o GRUPO A,  correspóndelle ao concello a selección dos rapaces/zas, utilizando o sistema de sorteo ante o secretario do concello, no caso de que o número de solicitudes sexa superior o de prazas ofertadas.

Para o GRUPO B, o sorteo realizarase na Deputación Provincial, entre os inscritos nos distintos concellos.

Este campamento ten unha clara orientación deportiva mediante a realización de actividades náuticas, equitación, deporte de aventura, piragüismo, paseos en barco, así como a practica do fútbol,tenis, volei praia, voleibol, baloncesto, aerobic, baile, etc.

Este ano, como novidade, engádese unha semana adicada os mais maiores, que mesturara talleres de inglés (listening/speaking/reading and writting), xunto co deporte.

A estancia e manutención realizarase nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, durante o mes de xullo. A Deputación asumira a maior parte dos gastos, estancia e manutención, así como o transporte interno para realizar as actividades programadas.

A cota por participante será de 85 €

Se estás interesado en participar ou en obter máis información sobre os campamentos podes chamar ao teléfono 981 814 691.


1 comentario:

  1. Es una experiencia que si les acostumbramos desde pequeños les proporcionan unos beneficios increíbles, no solo es conocer gente sino entender los valores que aportan los deportes, tan básicos y que tanto necesitarán en un futuro

    ResponderEliminar