jueves, 14 de noviembre de 2013


O Concello de Vedra pode seguir presumindo de dinamismo nas súas asociacións, …
 
 
A ASOCIACIÓN SENUNPESO
proxecta en Vedra o filme “Piedad”, de Otto Roca,
dentro do seu ciclo de documentais
  • A sesión será mañá venres 15 de novembro ás 21.00 h na Casa Sociocultural de Vedra
  • “Piedad” ten como protagonista a unha muller de 76 anos con Alzheimer que abandona a soidade da súa aldea polo contraste de vivir cos fillos na cidade
  • A mostra celébrase os terceiros venres de mes, desde outubro ata xaneiro: as próximas proxeccións serán “Morreu o demo, acabouse a peseta” e “N-VI”
*As imaxes no seguinte enlace: http://flavors.me/milpintonfilmes#0a9/flickr

 
A ANPA DO CPI DE VEDRA
Talleres de Creatividade
Presenta os seus talleres de Creatividade.
 
Estes desenvolveranse:
- os sábados 16 e 23 de novembro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz
- o 30 de novembro no Telecentro de Vedra
 
* Bótalle un ollo á súa programación  e inscribete!!
* Podes realizar calquera dos obradoiros de balde!!
 

 
A CORAL POLÍFONICA DE SANTA CRUZ
Organiza o CERTAME DE CORAIS
 
Será este sábado 16 de novembro  ás 19.30 h na Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla.
Contará coas seguintes participantes:
 
-         Coral Polifónica A Pombiña Narón
-         Coral Polifónica de Barro
-         Coral Polifónica de Chantada
-         Coral Polifónica Sta. Cruz de Ribadulla
 
 
 
A BANDA DE MÚSICA
DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA
 
Participa no VII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA
este domingo 16 de novembro arredor das 22.00 h
 
O programa da súa actuación é o seguinte:
 
- PUSIANO de Simón Couceiro (pasodobre de presentación)
- ESPIRITO GALEGO de Santiago Quinto Serna (Obra de obrigada interpretación para o Certame Galego de Bandas de Música)
- THE YEAR OF THE DRAGON de Philip Sparke (obra libre)                      
 
A banda afronta este novo reto con moita ilusión e agarda contar co seu público nesta data tan importante.
 
A actividade é totalmente gratuíta.
*A organización informa de que o público só podera acceder ao interior da sala do Auditorio no descanso existente entre banda e banda.
 
 

 
 
A ASOCIACIÓN BERENGUELA POLA IGUALDADE
Organiza Curso de Defensa Persoal Feminina
 
Este impartirase mediante 5 sesións de dúas horas cada unha. Esta actividade mellorará a túa calidade de vida, a seguridade en ti e, como non, tamén suporá
unha actividade social combinando deporte con técnicas de defensa.
As clases impartiranse na Casa do Antigo Xulgado de Vedra a partires da segunda quincena do mes de novembro e durante o mes de decembro.
O prezo do curso será de 10 € por persoa.
* Aínda estás a tempo de participar infórmate  e anótate no 981 814 691.
 

 
A COMISIÓN DE FESTEXOS DE SAN XIÁN ORGANIZA
A FESTA DOS CALLOS
 
DATA: domingo 17 de novembro.
HORA: A partir das 13.00 h.
PREZO: 5 € por persoa  (Inclúe callos, pan, café e doce).
Consigue a túa entrada na cantina da comisión de festas ou no bar Barreiro!!
 

 

martes, 5 de noviembre de 2013



Chega o  ...

         ... Entretempo de Outono!!



*Bótalle un ollo á súa programación e participa!!

miércoles, 30 de octubre de 2013



RUTA CABALAR E XANTAR SOLIDARIO
TODOS CON JOSÉ MANUEL


Vedra sigue facendo gala da súa solidariedade

A Asociación Cabalar Río Pereiro, propón unha nova actividade solidaria para axudar a José Manuel.

O domingo 3 de novembro e nesta ocasión a través da Asociación Cabalar Río Pereiro, José Manuel, o veciño de Vedra que precisa dunha intervención e unha longa rehabilitación para poder superar a súa disparesia espástica e poder camiñar. Volverá a contar coa axuda e o apoio da xente do seu concello e de todas aquelas persoas que queiran participar.

A xornada arrincará cunha xuntanza cabalar que completará unha ruta a carón do río Ulla.  Ás 14.00 h será o momento de recuperar forzas e reunirse ante un bo xantar, que terá unha finalidade solidaria.  Ademais haberá as actuacións de Yadira, Hugo Torreiro, Xacobe Pérez Paz e a charanga BB+ e moitas sorpresas.

 
A participación está aberta a todas as persoas que queiran asistir. A comida para os adultos ten un custo de 25 €, e para os nenos de 10€, dos cales una parte estará destinada a José Manuel.
 
 

 

 

 

 

martes, 22 de octubre de 2013



Esta fin de semana chega un gran ciclón cultural ...
 
... Chega o Espazo Activo da Ulla


 
 
Disfrutao da man da Asociación Cultural San Campio e da Requinta da Laxeira!!
 
Non podes faltar!!
 


miércoles, 2 de octubre de 2013

CICLO TEATRAL “FEGATEA MÓVETE” COA ASOC. CULTURAL PAPAVENTOS

Como xa nos teñen acostumados a Asoc. Cultural Papaventos volve a traernos teatro.

Esta vez a través da súa colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado preséntannos  "FEGATEA MÓVETE" co seguinte cartel:

 
Data actuación
Grupo
Obra
Venres 4  de outubro
Asoc. Cultural Enxebre de O Grove
Tres
Sábado 5 de outubro
Andaravía Teatro
República de Gundián
Domingo 6 de outubro
Teatro Antas de Ulla
A vida de Brian
Venres 11 de outubro
Asoc. Cultural Falcatrueiros de Monterroso
Crimes exemplares
 

LUGAR DAS REPRESENTACIÓNS: CASA DA CUTURA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

HORA DAS REPRESENTACIÓNS: VENRES E SÁBADOS ÁS 21.00 H. e DOMINGOS ÁS 20.00 H.

martes, 1 de octubre de 2013

FOLIADA SOLIDARIA. TODOS CON JOSE MANUEL

A A.C.D. RAIOLO e a Coordinadora “Todos con Jose Manuel” organiza unha Foliada Solidaria a favor de Jose Manuel.

A foliada tera lugar o día 5 de outubro no campo da festa de Vedra a partires das 17.30 da tarde.
O pregón correrá a cargo do cantate da Olympus Peke, e tamén contaremos coa presencia de Maria Mera.

Os grupos participantes son:

O GHUSTO DO BOI
SON DO SOUTO
A PONTE VELLA
RETROUSO
A GAITA DE SARANDÓN
SONS D'ANTERGO
PANDERETEIRAS SILANDEIRA
A.C. ROSALIA DE CASTRO
A.F. ALBORADA
CANTIGAS E AGARIMOS
AS SOBREIRAS DO ULLA
OS KE HAI
PENA MAIOR
COTO DA NAI
O RECOBIO
ALVARIZA
A REQUINTA DA LAXEIRA
RAIOLO

Haberá:
·         aparcadoiro de balde e carpa
·         cantina e comida a fartar
·         hinchables para que os mais pequenos poidan disfrutar,
·         distintos sorteos o longo da noite
·         e máis sorpresas.

Animadevos a vir!!!!

CADA PASO E UNHA VICTORIA!!!!!

miércoles, 25 de septiembre de 2013

OBRADOIROS CREATIVOS

O concello de Vedra oferta talleres creativos para nenos/as entre 4 e 12 anos o vindeiro sábado 28 de setembro nas seguintes quendas:


LUGAR: CASA CULTURAL DE STA CRUZ DE RIBADULLA

HORARIO:

         11:00 -12:00 horas: para nenos/as de 4 a 7 anos

         12:15- 13:15 horas: para nenos/as de 8 a 12 anos


LUGAR: CENTRO SOCIOCULTURAL DA 3ª IDADE

HORARIO:

         17:00 -18:00 horas: para nenos/as de 4 a 7 anos

         18:15- 19:15 horas: para nenos/as de 8 a 12 anos

 
Inscricións no departamento de Cultura ou no telefono 981 814 691 de 9:00 a14:00 horas.

martes, 24 de septiembre de 2013

ESCOLA DE FAMILIAS

O vindeiro venres, 27 de setembro, ás 20.30 h terá lugar una nova sesión de Escola de Familias. Será no Centro de Formación Municipal de Sta. Cruz de Ribadulla (no antigo edificio da Estación de Ribadulla).

Agora que estamos comenzando o novo curso escolar 2013-2014, é o momento de aproveitar a axuda e información que nos aportan os profesionais para que dende a familia sexamos quen de axudar a garantir o éxito educativo dos nosos fillos e fillas.

Nesta ocasión contaremos coa participación de MANUEL REI FERNÁNDEZ, un dos mellores profesionais da orientación educativa a nivel nacional.

O tema:

“Se a túa filla ou o teu fillo ten dificultades nos estudos, ti podes axudarlle. Queres facelo?

Nesta sesión poderás atopar respostas a:

· Cando un neno ou nena ten dificultades nos estudos?

· Aprobar todo indica que non ten dificultades?

· Son normais as diferenzas nos estudos entre uns e outros?

· A onde acudir se o meu fillo/a ten blemas cos estudos?

· Como podo axudarlle a que obteña mellores notas?

·

viernes, 20 de septiembre de 2013

O Consello da Xunta aproba a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para o Entroido dos Xenerais da Ulla

 
O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para o Entroido dos Xenerais do Ulla de Boqueixón, Teo, Touro, Vedra, Santiago de Compostela, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. O Entroido dos Xenerais do Ulla cumpre os criterios precisos para a súa valoración e trátase dunha celebración orixinal da comarca da Ulla, con referencias documentadas nos anos 70 do século XIX e conta cunha alta participación, de modo que presenta orixinalidade, antigüidade e arraigamento.

Os personaxes máis relevantes desta celebración son os xenerais e os correos a cabalo que, acompañados de abandeirados, coros, comparsas e parrandas, percorren as parroquias da zona e escenifican diversas escenas. As diferentes parroquias presentan incluso singularidades e manteñen os seus trazos definitorios. A espectacularidade deste Entroido tradicional galego logra atraer cada ano a numerosos viaxeiros á comarca da Ulla na que existen numerosos puntos de interese turístico.
A declaración comporta a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

jueves, 19 de septiembre de 2013

TODOS CON JOSE MANUEL. CAMPAÑA SOLIDARIA

 
Veciños, amigos e familiares de José Manuel están a promover unha campaña  de axuda para este neno de 8 anos de San Fins de Sales que naceu con disparesia espástica nivel 4, un tipo de parálise cerebral que lle impide camiñar.
Debido a diversos tratamentos dende o servizo de Atención Temperá  acadause que hoxe Jose Manuel poida andar da man ou con axuda dun andador, pero esta situación non é definitiva polo que precisa unha operación que non está cuberta pola Seguridade Social.
Podes colaborar con el de diversos xeitos, recollendo latas, tapóns de envases,…
Máis información no blogue: http://todosconjm.wordpress.com

 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Ruta enoturística en bicicleta polos viñedos da Ribeira do Ulla en Vedra.

Se queres probar un plan diferente, propoñemosche un paseo en bicicleta entre viñedos, cunha degustación de viños acompañada de produtos da zona e unha explicación dos diferentes procesos de vendima e da elaboración dos caldos.

A túa experiencia vitivinícola iniciarase cunha ruta en bicicleta entre viñedos acompañado/a por un guía que che indicará o camiño ademáis de ofrecerche información da zona e da cultura do viño. Tras isto, visitarás unha adega e explicaranche o seu funcionamento e proceso de elaboración. A continuación realizarás unha degustación dos viños, que poñerá o punto e final a esta xornada donde ao tempo que desfrutas do deporte coñeces o mundo da vinicultura.
Lugar: Concello de Vedra. Centro de Dinamización e Promoción Municipal “Casa dos Peóns”

Capacidade: Grupos de entre 4 e 10 persoas (máis de 10 persoas consultar)

A ruta inclúe: bicicleta, casco, botellín de auga, visita + degustación en adega de viños e produtos da zona e guía local.

Duración: 4 horas (do 15 de setembro ao 20 de outubro)

Prezo: 15 € persoa.

Opcional: comida en establecementos da ruta.

Para máis información e reservas: 981814691

casadospeons@concellodevedra.com

www.concellodevedra.com

www.vedraturismo.com

 

jueves, 12 de septiembre de 2013

VEDRA COA VOLTA GALICIA

A XII Volta ciclista a Galicia pasa por Vedra.

O próximo sábado 14 de setembro arredor das 17:00 horas a Volta Ciclista a Galicia visita Vedra, percorrendo a AC 241 dende Ponte Ulla ata Trobe.

Unete a Volta!!!!!!!!!!!!

miércoles, 11 de septiembre de 2013

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2013-2014

Novo folleto de actividades culturais e deportivas  2013-2014

  • Xa podes descargalo no seguinte enlace:
PROG. DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2013-2014

  • Ou consultalo neste blog (na pestaña superior dereita)

  • E ademais recibirás unha copia do folleto no teu enderezo xunto co boletín de información municipal.
ABERTO DO PRAZO DE INSCRICIÓN DENDE O LUNS 16 DE SETEMBRO!!!!!

MAIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
 
Departamento de Cultura e Xuventude
Horario: de luns a venres de 09.00 a 14.00 h.
Teléfono: 981 814 691 
Correo electrónico: cultura@concellodevedra.com

Departamento de Deportes - Pavillón de Deportes
Horario: de luns a venres de 17.00 a 00.00 h
Teléfono: 981 502 290 
Correo electrónico: deportes@concellodevedra.com

 


viernes, 6 de septiembre de 2013

Procesión do Gundián

Sábado, 7 de setembro

Traslado da imaxe da nosa Señora de Gundían dende a igrexa parroquial de Ponte Ulla ata a ermida de Gundián no outro lado do Río Ulla.

Programa:

Ás 21.00h misa na igrexa parroquial de Ponte Ulla. A saída da procesión espectacular tirada de Fogos Artificiais nesta singular paraxe do Val do Ulla, a cargo de Pirotecnica Penide. Procesión ata a ermida onde amenizarán a festa A LIRA DE PRADO e ÓBICE CAPITAL.

No entorno da ermida haberá postos de polvo, churros, rosquillas…

Como chegar:

http://goo.gl/maps/UL0y5

GPS:42.778389,-8.402578

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Bus do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas pon en marcha un novo servizo de autobús para coñecer as bodegas e viñedos da D.O. Rías Baixas.

Os autobuses estarán dispoñibles todos os sábados desde o 7 de setembro ao 26 outubro, coincidindo coa época da vendimia en Rías Baixas, de tal forma que os visitantes terán a oportunidade de coñecer as bodegas nun dos momentos de maior actividade.

O Bús do Viño Rías Baixas parte das cidades de Pontevedra e Vigo e cada día visitará 3 bodegas, deixando tempo libre para coñecer o casco histórico de Cambados ou Salvaterra de Miño.

Neste proxecto participan 15 bodegas de catro subzonas da D.O. Rías Baixas, concretamente: Pazo de Galegos, Martín Codax, Gil Armada, Pazo Baión, Pazo Señoráns, Mar de Frades, Adega Eidos, Pazo Quinteiro da Cruz, Don Olegario, Pazo de Rubiáns, Agro Bazán, Señorío de Rubiós, Bodegas A Val, Pazo San Mauro e Terras Gauda.

O prezo por persoa é de 12 euros, e ten unha duración aproximada de 8-10 horas. Os viaxeiros poderán escoller tamén gozar dun xantar en bodegas ou restaurantes da Ruta do Viño a prezos especiais.

O Bús do Viño Rías Baixas xorde grazas ao convenio da Ruta do Viño Rías Baixas coa Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, que promove actividades especiais de Enoturismo nas Rutas do Viño de Galicia.

INFORMACIÓN E RESERVAS:

tel: 986 091 088 / 687 523 230

email: info@rutadelvinoriasbaixas.com

Consulta os percorridos do Bus do Viño Rías Baixas (pinchando aquí):

https://docs.google.com/file/d/0BzkvvpLsK0ObcXhkODRrZEJjanM/edit?usp=sharing

jueves, 29 de agosto de 2013

GRAZAS A TODOS/AS!!!

O Concello de Vedra e o seu grupo de goberno quere agradecer a todos os/as  voluntarios/as, empresas colaboradoras e veciños/as  a boa disposición e colaboración para facer que o paso da "Vuelta Ciclista a España" polo noso concello fose un éxito.

lunes, 26 de agosto de 2013

"VUELTA CICLISTA A ESPAÑA"


CORTE TEMPORAL DE VIAS PÚBLICAS


Pónse en coñecemento de todos os veciños que o vindeiro día 27 de agosto, unha etapa da  VOLTA A ESPAÑA vai a discorrer polo noso municipio –realizando un sprint especial-, polo tramo identificado con banderolas nas farolas.

Con ese motivo, as estradas da Xunta e de Deputación dende Trobe a Illobre e a municipal dende Illobre a Gándara,  van a estar cortadas ao tráfico dende a 13:45 ata as 15:00 horas aproximadamente. Xa dende as 12:00 da mañá pasarán caravanas publicitarias, pero sin supoñer corte de tráfico nas vias.

Prégase que por motivos de seguridade non se estacionen os vehículos nos arcéns destas vías e que durante ese día se extremen as precaucións en beneficio de todos.

 
DESCULPEN AS MOLESTIAS .

¡¡¡¡¡VEDRA COA VOLTA A ESPAÑA 2013!!!!!

 

viernes, 23 de agosto de 2013

XVI CONCENTRACIÓN MOTEIROS VAL DO ULLA

O sábado 24 e o domingo 25 de agosto Os Moteiros Val do Ulla celebran a súa XVI Concentración.
A data límite para preinscribirse é o 17 de agosto e terá un custe de 25 € cun vale de desconto de 5 € en gasolina para os 50 primeiros.
Haberá saídas en ruta, xogos populares, cena, queimada, actuacións musicais, etcétera.
Sen dúbida vai ser un fin de semana inesquecible para os amantes do mundo do motor.
 
Máis información en:
 
Motoclub: 670 521 867
 
Pensión O Cruceiro 981 512 099

jueves, 22 de agosto de 2013

LUVAS VERDES PREPARA A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

A próxima saída de LUVAS VERDES está prevista para o luns 26 de agosto, o día anterior ao paso da Volta Ciclista a España polo noso concello.  Esta vez centrarémonos no traxecto polo que discorre a volta.

Anímate a participar!!!!

Quedamos ás 16:30 h. diante da casa do concello.

Se queres apuntarte e participar parte neste programa, ou obter máis información podes solicitala no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico casadospeons@concellodevedra.com.

 

martes, 20 de agosto de 2013

“Vuelta Ciclista a España 2013”

Este ano, por primeira vez, a Volta Ciclista a España pasa polo interior do concello de Vedra o vindeiro martes día 27.

 
Achegamos o enlace á páxina www.lavuelta.com . Nela tes en pdf o libro oficial da Volta que nas páxinas 61 a 77 contén información relacionada coa VOLTA ao seu paso por Vedra.


Animámoste a que veñas disfrutar da volta connosco.






HORARIO PREVISTO DA CARREIRA NOS DISTINTOS PUNTOS:




viernes, 16 de agosto de 2013

VEDRA COA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

Este sábado 17 de agosto o concello de Vedra organiza unha ruta cicloturística polo percorrido da Volta Ciclista a España ao seu paso por Vedra.

Itinerario: Trobe, Vedra, Illobre, San Fins.

Saída ás 10:00 horas do campo da festa de Trobe.

Haberá avituallamento.

Sorteos e agasallo de camiseta para os participantes.

Inscrición: 981 814 691 - 981 512 482
casadospeons@concellodevedra.com

Campo da festa de Trobe
42.765879,-8.505145

Como chegar:
http://goo.gl/maps/NMVyx

miércoles, 31 de julio de 2013

Ruta de San Xoán da Cova. Goza do Ulla


O domingo 4 de agosto é a quenda  de Vedra como concello organizador.

O punto de encontro será as 9:30 h. diante da casa do concello ou na Casa dos Peóns, ou as 10:00 h. na Área de Recreo de Cubelas, alí deixaremos os coches para subir en autobús ao punto de saída no Miradoiro de Gundián.

Inscricións no teléfono 981 814 691
Autobús gratuíto para inscritos.
 
Tamén, se estas interesado, podes aproveitar esta ocasión para xantar na Festa do Chourizo, que se celebra o mesmo día na Área de recreo de Cubelas.