martes, 5 de mayo de 2015

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE

O vindeiro xoves 7 de maio, unha unidade móbil con persoal sanitario do Centro de Transfusións de Galicia visitará Vedra.
LUGAR: Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)- Diante do Supermercado Carrillo.
HORA: de 16:00 a 21:00 horas
Se tes pensado realizar unha doazón, debes ter en conta que antes da mesma un médico farache unha entrevista confidencial para descartar calquer aspecto que impida a realización desta. Mídese o pulso e a tensión sanguínea. Extraese unha gota dun dedo para medir o nivel de hemoglobina e descartar unha posible anemia.
Para doar sangue non é preciso ir en xaxún, tan só esperar duas horas desde a última comida. O acto de doar non debilita o organismo, pero de todas formas ofréceselle ao doante un pequeno refrixerio, auga ou refrescos e algún alimento sólido.
A doazón dura aproximadamente cinco minutos, é un procedemento totalmente seguro que utiliza material estéril de un só uso e non hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades infecto-contaxiosas.
A doazón de sangue é un acto necesario para que moitas persoas poidan solucionar os seus problemas de saúde e incluso salvar a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario