miércoles, 22 de abril de 2015

FINAL LIGA E COPA DE FUTBOL SALA


Este luns disputouse a final da copa de futbol sala 2015, coa que se pon fin a tempada 2014-2015 das competicións de fútbol sala organizadas no polideportivo municipal polo concello de Vedra.

O equipo vencedor da Copa foi Os Picholeiros, que se impuxo na final por 2 a 0 ao Cervecería la Liga que foi o subcampión, mentres que o terceiro posto foi para o Guadalupe tras superar no partido polo terceiro e cuarto posto nos penaltis ao Taberna do Patio-Café Bar A Senra.

O alcalde Carlos Martínez, nun acto conxunto tamén fixo a entrega de trofeos aos vencedores da liga 2014-2015, onde o campión foi o Vente Vindo, o segundo clasificado os Hígados Prodigiosos e o terceiro clasificado o Cervecería la Liga.

Os conxuntos que recibiron trofeo por ser o máis goleador e o menos goleado foron respectivamente o Vente-Vindo e os Hígados Prodigiosos e o trofeo ao equipo máis deportivo foi para o Maloserá.


Así pois péchase a tempada de fútbol sala 2014-2015 e soamente se queda a espera da disputa do torneo intermunicipal, que este ano se celebrará en Touro, e onde o equipo que representará ao concello de Vedra será o Vente Vindo, como vencedor da liga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario