viernes, 14 de marzo de 2014

PRESENTACIÓN DO I DUATLON CONCELLO DE VEDRA

Este xoves as 12:00 presentouse a primeira edición do Dúatlon Concello de Vedra, cuarta proba puntuable para o circuíto galego de dúatlon de estrada.

O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, o Director Técnico da Federación Galega de Tríatlon, Luís Piña e o responsable de tríatlon do club Olímpico de Vedra, Ismael García, como coorganizadores do evento, eran os encargados de explicar os pormenores da mesma.

O I Duatlón concello de Vedra contará con unha participación de 233 duatletas que deberán afrontar unha distancia de 5 km de carreira, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira.

As 16:00 terá lugar a saída da proba popular, con 104 corredores. Será a partir das 17:30 cando teñan lugar as probas elite feminina, con 39 deportistas, e 10 minutos máis tarde producirase a saída elite masculina, con 90 duatletas en busca das últimas 22 prazas que dan acceso ao campionato galego que se disputará o día 29 de marzo en Compostela.

Previamente, pola mañá, terá lugar o 8º duatlón escolar de Vedra, dentro do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte tamén coorganizado polo club Olímpico de Vedra, o Concello de Vedra e a Federación Galega de Tríatlon. A xornada dará comezo as 11:00 e a primeira das probas será a benxamín, que contará cunha participación de 39 cativos que deberán afrontar un percorrido de 500 metros correndo, 2000 en bicicleta e 250 novamente a pe. Posteriormente tomarán a saída os 59 participantes na proba alevín, que correran 1000 mertros a pe, 4000 en bicicleta e 500 a pe. A proba infantil, con 39 participantes, constará de 1500 metros de carreira, 5600 de ciclismo e 750 de carreira. Os 29 cadetes serán os ultimos en competir, cunhas distancias a cubrir de 2000 metros a pé, 8400 de sector ciclista e outra vez 1000 metros de carreira.

As dúas probas contarán ademais cunha ampla participación dos deportistas locais do Olímpico de Vedra, con 16 duatletas na proba absoluta, completando ademais os equipos masculino e feminino na proba elite e 16 deportistas no duatlon escolar. En total 32 deportista, na que constitúe a participación máis ampla do club nun dúatlon, unha mostra máis do crecemento desta entidade.

Así pois, este sábado será o día do Dúatlon en Vedra, coa presenza de case 400 deportista e con un operativo montado de preto de 50 voluntarios que velarán porque a xornada sexa un éxito, non so de participación que xa está asegurado, senón tamén de cara o público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario