lunes, 17 de marzo de 2014

400 duatletas no I Duatlon Concello de Vedra

Case 400 duatletas déronse cita en Vedra este sábado na cuarta proba do circuito galego que gañou Brais Canosa
En féminas victoria de Carmen Gómez e por clubes do Arcade e do Tríatlon Ferrol. Ampla representación do Olímpico de Vedra, pero mermados pola baixa de varios dos seus primeiros espadas, destacando Miguel Daporta que acariñou o podio cun excepcional 4º posto, o 2º posto sub23 da debutante Patricia Gómez e 6º posto por equipos masculino e feminino.
Excepcional estreno no calendario galego do I Dúatlon Concello de Vedra, cuarta proba puntuable para o circuito galego e última opción de clasificarse para o campionato galego. Cun rotundo éxito de participación, sendo a proba máis concurrida superando as celebradas en datas pasadas en O Carballiño, Guitiriz e Lugo, con máis de 230 deportistas, que xunto os preto de 170 participantes pola mañá no 8º Dúatlon Escolar elevaban a participación ata cerca dos 400 atletas.
Espectacular foi a proba Elite masculina, cun circuito variado pero rapidísimo e coa presenza de 90 duatletas que buscaban as últimas 22 prazas para o campionato galego. A victoria foi para Brais Canosa, ao que secundaron no podio Brais Misa e Miguel Vidal. A soamente catro segundos do podio quedou o local Miguel Daporta, nunha excepcional remontada, e destacadas posicións tamén para Pedro Outerelo 26º e Jacobo Crego 34º, o que lle daba o Olímpico o 6º posto, a menos de un minuto do podio, e a eles dous a clasificación para o campionato galego, onde o Olímpico terá a catro representantes.
A proba feminina foi un monólogo do Tríatlon Ferrol, facendose as súas tres integrantes co podio o completo. Primeira foi Carmen Gómez, segunda Inés Santiago e terceira Sara Guerrero. Suliñar tamén a ilustre participación na categoría de paraduatlon, da campioa do mundo de paratríatlon Susana Rodríguez. A representación local saldouse co segundo posto sub 23 de Patricia Gómez, completando a actuación do Olímpico Rita Cabanelas e Alejandra Cordón co que lle daban ao club o 6º posto por equipos. Anteriormente a esta proba tiña lugar a proba masculina sen corte, na que tomaban a saída unha centena de duatletas cunha nutrida participación do club Olímpico de Vedra.
Paralelamente na mesma xornada, pero pola mañá, celebrouse o 8º Dúatlon Escolar de Vedra, dentro do calendario Xogade, proba clasificatoria para o campionato provincial. Deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, debutaban así esta tempada na modalidade, dándose cita preto de 170 participantes.
  

Así pois unha excepcional xornada de deporte a vivida este sábado en Vedra, cunha gran participación local, ainda que mermados por moitas importantes baixa, sendo así un reto máis que supera o Olímpico de Vedra, que continúa a superarse cada ano, nesta ocasión co reto de coorganizar xunto co Concello de Vedra o I Duatlón Concello de Vedra, engadindo así unha cita máis ao seu calendario de eventos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario