martes, 14 de mayo de 2013

Gran clausura do proxecto "A Xanela da Muller Rural"

O pasado sábado 11 de maio a Asociación Berenguela clausurou o seu programa A Xanela da Muller Rural.

Fixoo despois de realizar durante os meses de marzo, abril e maio ata 6 obradoiros, todos eles relacionados coa muller no rural en diferentes eidos.

A muller no traballo; muller na casa; muller e educación; mulleres na sexualidade; saúde e coidados e finalmente muller e asociacionismo.

Este último pretendía destacar a labor que desenvolve a figura da muller na participación social. Para conseguilo realizaronse varias presentacións dos obxectivos e accións de cada unha das entidades participantes que puxeron de manifesto o enorme dinamismo asociativo existente en Vedra e como non o importante papel da muller no mesmo. Estas asociacións foron:
  • A.C. Raiceiros que presentou o seu traballo de coplas ulláns.
  • A.C. Silandeira que presentou a súa entidade con unha actuación de pandereteiras.
  • A.C. San Campio coa actuación do grupo de pandereteiras Dedaleiras.
  • A.C. Senunpeso relacionada co ámbito audiovisual, que fixo referencia á súa actividade estrela coñecida como LAV (Laboratorio Audiovisual de Vedra).
  • A.C. Papaventos que contou a súa experiencia de vida e os seus dez anos de Teatrofilia, engadindo unha nota de humor cun monólogo.
Tamén se contou coa presencia da Asoc. Teense pola Igualdade, que presentou a súa realidade no concello limítrofe.

Xa para rematar a anfitriona Berenguela clausurou as xornadas mostrando a súa andaina e os seus proxectos de futuro.

Tratouse dun perfecto punto e final a un proxecto que cumpriu as espectativas iniciais e que supuxo un importante pulo ao quefacer da Asociación Berenguela pola Igualdade.



 

1 comentario:

  1. La verdadera liberación como ser humano de la mujer del campo gallego no consiste en igualarse al hombre, eso significaría que fuera indolente y despreocupada respecto a la familia. No saliera del bar y se echara buenas siestas. La liberación de la mujer rural debería ser tener tiempo para ella misma. Y ser tratada en plano de igualdad con el hombre. Que desapareciera el refrán de en Galicia mejor ser hombre o vaca.

    ResponderEliminar