jueves, 23 de mayo de 2013

AXENDA DA FIN DE SEMANA EN VEDRA


PROGRAMA POSTA A PUNTO
OBRADOIRO CONSUMO “CON SENTIDO”

Nesta ocasión o Programa Posta a Punto para a xuventude presenta este obradoiro no que se tocarán os seguintes temas:

1. Achegar unha visión máis sostible de comprar.

2. Consumo responsable.

3. Sacando as redes da pantalla.

DATA: VENRES 24 DE MAIO.
HORA: ÁS 20.00 h.
LUGAR: CENTRO DE FORMACIÓN MUNICIPAL “Na casa da estación do tren de Santa Cruz de Ribadulla”.

*Inscríbete xa no teléfono 981 814 691, será moi divertido!!

 
SERÁN DAS LETRAS “HOMENAXE A ROBERTO VIDAL BOLAÑO”
A. C. SAN CAMPIO

DATA: 24 de maio ás 21:00 h.
LUGAR: nos Furanchos de San Miguel de Sarandón.

Celebración das letras galegas. Encontro de pandereteiras, foliada aberta. Ademáis exposición, interpretacións de teatro, charla sobre o autor…

Coa colaboración da Asociación Raiceiros.

 

VII DÍA DA BICICLETA
ASOC. XUVENIL A DORNA DE TROBE

LUGAR: Trobe
DATA: domingo 26 de Maio
PROGRAMA:

- Ás 9:30 h. Saída da III RUTA BTT DE TROBE

- Ás 10:30 h. No campo da festa de Trobe, inscrición gratuíta para todos aqueles que queiran participar no Día da bicicleta.

- Ás 11:15 h. Xincana ciclista infantil para os máis cativos.

- Ás 12:00 h . Inicio do paseo en bicicleta apto para todo o público que percorrerá o municipio de Vedra con saída e final no campo da festa de Trobe.

Ademais ao longo da maña:

Sorteo de unha bicicleta e agasallos entre os asistentes!!!!!!!!
Os primeiros participantes recibirán unha camiseta conmemorativa e bocadillo!!!!!!!!!!

Recomendase o uso de casco protector.
Probas non competitivas abertas a toda acidadanía.
Menores irán acompañados de adulto.

 

ULTIMA FIN DE SEMANA DA
EXPOSICIÓN DE PINTURA E ESCULTURA DE ESPERANZA LEMA BOUZAS
NO MUSEO PAZ CAMPS

*Horarios:
-Venres e sábados de 17.00 a20.00 h.
- Os domingos de 11.00 a14.00 h

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario