viernes, 22 de marzo de 2013

AXENDA PARA ESTA FIN DE SEMANA!!


Este sábado 23 de marzo ás 19.00 h
no Centro Social da Terceira Idade
a Asociación Berenguela pola Igualdade

continúa a súa programación “A XANELA DA MULLER RURAL”
 
Nesta ocasión o faladoiro terá como temática ... A MULLER NA CASA
A través do obradoiro “Creando liñas de vida” desenvolvido pola especialista en igualdade de xénero Sandra Barros Barcala, pretendese presentar a evolución no papel da muller no ámbito privado.
Trátase dunha iniciativa aberta a todos os públicos,
asíque non o dubides, achégate e participa!!

TEATROFILIA 2013
 
Esta fin de semana A Asociación Cultural Papaventos proponche a seguinte programación no Centro Social da Terceira Idade de Vedra:
 
Venres 22 de marzo:
Ás 21.15 h. Aula de Teatro USC (Santiago de Compostela)
coa obra “ Agamenón. volvín do supermercado e deille unha malleira a meu fillo” (Para público maior de 13 anos)
Sábado 23 de marzo:
Ás 21.15 h. GALA X ANIVERSARIO (TP)
Domingo 24 de marzo:
Ás 16:15 h. Tarde Infantil:
- Grupo de Teatro da A.C. Cotomanguelo (Orazo) coas obras “Faladores” e “Puchiño vermello”
- Nenos de San Miguel de sarandón coa obra “Facemos Teatro?”
- Tira e Afloxa Cativos (San Pedro de Vilanova) coa obra “Todo era un conto”
Ás 19:15 h:
- NNC Teatro "(Santiago de Compostela) coa obra “Pim,Pam,Pum” (TP)
 
*Desta maneira remata a X Mostra de Teatro Amador de Vedra da Asociación Cultural Papaventos á que lle enviamos os nosos parabéns!!
 
 E tamén atendemos os turistas e visitantes na Oficina de Turismo:
 
... HORARIO EN SEMANA SANTA:
-Do 27 ao 31 marzo de:
11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 18.00 h
* Nela recibirás toda a información turística do concello que precises.
*Tamén podes chamar ao 981 512 482

No hay comentarios:

Publicar un comentario