jueves, 4 de abril de 2013

I Gala do Deporte. Concello de Vedra

O Concello de Vedra quere homenaxear ao deporte de Vedra e os responsables e institucións que fan posible o seu desenvolvemento.

Para isto este venres 5 de abril ás 20:30 h no Salón de Actos do Centro Sociocultural da Terceira Idade de Vedra a súa Primeira Gala do Deporte, pretendendo con iso poñer en valor a práctica do deporte e os seus principios.

Dende logo será un inmellorable momento para reunir o máis destacado deste mundo do deporte en Vedra.

Contaremos coa presenza do primeiro galardoado en Vedra como LENDA DO DEPORTE GALEGO, que non é outro que MONCHO FERNANDEZ, adestrador do BLUSENS MONBUS OBRADOIRO CAB. Un galardón outorgado a unha persoa que reúne todos os valores deportivos e humanos que o xurado buscaba, pois trátase dun exemplo de como dende un barrio compostelán se pode ser referente no baloncesto de elite a nivel nacional e internacional, con constancia, esforzo, sacrificio,continúa formación e implicación social e humana que sempre é prioritaria, sendo ademais unha persoa próxima, afable, encantadora, amigo dos seus amigos, e defensor das súas orixes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario