O Concello de Vedra participa en “Pueblos Aquarius”, unha
campaña publicitaria que centra a súa mensaxe en intentar revitalizar o turismo
interior de pequenos pobos a través da web www.laeraaquarius.com, ofrecéndolle ás
persoas de cidade a posibilidade de facerse “fillo adoptivo” dun pobo Aquarius
e con ese título poder desfrutar dunha serie de ofertas nos establecementos de
hostelería do pobo.
Aproveitamos a ocasión para agradecerlle a súa colaboración aos
establecementos participantes nesta promoción, que dalgún xeito axuda a poñer a
Vedra “no mapa”.
Visítanos no seguinte enderezo web: http://aquarius.cocacola.es/pueblo.php?id=134,
difunde esta importante promoción do teu “ pueblito lindo” e presume de
Concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario